InicioPOLÍTICAMaría Rozas participa en Cabo Verde na creación da Rede de Mulleres...

María Rozas participa en Cabo Verde na creación da Rede de Mulleres Autarcas Caboverdianas

A concelleira compostelá interveu no marco do II Encontro Internacional de Mulleres Electas 'As Elixidas', unha cita que reúne máis de 130 representantes locais de Cabo Verde, Mozambique e Galicia para abordar o liderado feminino e a igualdade nos espazos de decisión

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais de Santiago, María Rozas, participou este xoves en Cabo Verde no acto de constitución da Rede de Mulleres Autarcas Caboverdianas, no que acudiu en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A sesión enmarcouse no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, unha reunión centrada no papel das mulleres nas institucións locais e na súa presenza nos ámbitos de decisión pública.

Durante a súa intervención, a tamén tenenta de alcaldesa de Santiago incidiu na importancia de impulsar estruturas de apoio entre responsables políticas. Segundo sinalou, “entidades coma esta facilitan o intercambio de experiencias e sobre todo crean espazos de apoio e aprendizaxe colectivo, que rompen co illamento que acompaña o liderado político, sobre todo das mulleres”.

Rozas tamén chamou a reforzar a cooperación entre representantes públicas para facer fronte ás dificultades que, ao seu xuízo, continúan condicionando a participación feminina na vida institucional. Nese sentido, animou ás asistentes “a tecer rede fronte ás dificultades engadidas que supón para o activismo político para non dar ningún paso atrás, porque a presenza das mulleres nos espazos de toma de decisións é necesaria é enriquecedora, abre novas perspectivas, e mellora a calidade democrática das institucións”.

A edil compostelá aproveitou ademais a súa participación para trasladar o compromiso do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa igualdade de xénero, nun país no que esta entidade leva desenvolvendo iniciativas de colaboración desde hai case 25 anos. A presenza galega neste foro insírese así nunha relación de cooperación sostida con Cabo Verde, con actuacións vinculadas ao desenvolvemento local e ao fortalecemento institucional.

No acto de constitución da nova rede participaron tamén Alcindo Mota, secretario de Estado das Finanzas de Cabo Verde; Clara Marques, presidenta da Asemblea Municipal da Praia; Fabio Vieira, presidente da Asociación Nacional dos Municipios Caboverdianos; Patricia Portela, coordinadora do sistema de Nacións Unidas en Cabo Verde; e Jovial Setina, vicepresidenta da Rede de Mulleres Autarcas de Mozambique.

A intervención de María Rozas forma parte da programación do II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, unhas xornadas organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e pola Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, baixo o lema ‘Electas no local, unha voz global’. O encontro reúne a máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde, Mozambique e Galicia.

O programa inclúe a participación de cargos municipais, representantes dos gobernos caboverdiano, español e galego, así como persoas expertas vinculadas a Nacións Unidas, ao Instituto Caboverdiano para a Igualdade e Equidade de Xénero e á Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo destas sesións é avanzar na participación plena e efectiva das mulleres e na igualdade de oportunidades no liderado político, económico e público.

Con esta presenza no foro internacional, Santiago mantén representación nun espazo de cooperación no que se debaten fórmulas para ampliar o acceso das mulleres aos postos de responsabilidade e para consolidar redes de colaboración entre cargos electos de distintos territorios

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here