InicioPOLÍTICAO PSdeG denuncia a falta de actuación municipal tras un desprendemento entre...

O PSdeG denuncia a falta de actuación municipal tras un desprendemento entre as rúas Berlín e Lisboa

Marta Abal asegura que dous meses despois do incidente o goberno local “segue sen facer nada” e reclama medidas para garantir a seguridade na zona

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago denunciou a falta de actuación do goberno local tras o desprendemento rexistrado a mediados de xaneiro na intersección da rúa Berlín coa rúa Lisboa, un episodio provocado polas intensas chuvias que fixeron caer á vía pública terra, pedras e materia vexetal procedentes da ladeira da rúa Berlín.

Segundo explicou a concelleira socialista Marta Abal, o incidente afectou tanto á beirarrúa como á calzada da rúa Lisboa. A edil lembrou que, a pesar do carácter aparatoso do desprendemento, non se produciron danos persoais nin materiais. Tras o sucedido, os servizos municipais retiraron os restos acumulados e instalaron un valado na zona como medida provisional.

Con todo, Abal advertiu de que dous meses despois do episodio non se realizaron actuacións adicionais, polo que considera que a resposta do goberno municipal encabezado por Goretti Sanmartín foi insuficiente. Segundo sinalou, “o goberno local segue sen facer nada” para solucionar a situación.

A concelleira socialista afirmou que continúan producíndose pequenos desprendementos de terra e pedras, ao tempo que os vehículos seguen estacionando na contorna afectada. Na súa opinión, estas circunstancias evidencian que as medidas adoptadas ata o momento non garanten plenamente a seguridade nin para os peóns nin para os coches que circulan ou aparcan na zona.

Neste contexto, Abal cuestionou a resposta do executivo local e preguntou “que ten que pasar para que o goberno tome medidas”, advertindo de que o estado actual da ladeira pode supoñer un risco para as persoas e para os vehículos.

Desde o Grupo Municipal Socialista reclaman ao Concello que actúe de maneira inmediata na contorna da rúa Lisboa, reforzando as medidas preventivas existentes e acometendo as intervencións necesarias para evitar novos desprendementos e garantir a seguridade no espazo público.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here