InicioPOLÍTICAO goberno de Santiago insiste que a licitación de centros socioculturais "segue...

O goberno de Santiago insiste que a licitación de centros socioculturais “segue avanzando”

O concelleiro de Centros Socioculturais de Santiago, Xan Duro, cuestionado polas críticas de PSOE e PP sobre este tema, manifestou que "o traballo da oposición é ter dúbidas permanentes, cando non apelacións á apocalipse"

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Centros Socioculturais de Santiago, Xan Duro, asegurou que o contrato de licitación da rede de centros socioculturais da capital galega “segue avanzando”, aínda que evitou concretar datas.

En declaracións aos medios nunha visita á Praza de Abastos, o edil insistiu en que continúan “en permanente contacto coa empresa para que manteña a actividade mentres non se finalice a licitación”.

“É un prego moi complexo. Son 43 centros con distintos horarios e actividades e hai que cumprir unha lexislación vixente que non é sinxela. Estamos moi avanzados, pero non podo dicir unha data de previsión ata que vaia a xunta de goberno“, aseverou antes de reiterar que non dará máis datos, insistindo en que mantén conversacións con empresa e traballadores.

Así mesmo, recoñeceu que é “comprensible” a preocupación dos traballadores, polo que afirmou que están a realizar “un traballo intenso de interlocución”, así como administrativo “para pechar o asunto canto antes”.

Cuestionado polas críticas de PSOE e PP sobre este tema, Xan Duro manifestou que “o traballo da oposición é ter dúbidas permanentes, cando non apelacións á apocalipse”. “Todos fomos oposición, todos fomos goberno; a min tócame gobernar, á oposición tócalle facer o seu traballo”, subliñou.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...

Os Campamentos de Arnela reúnen este verán a máis de 230 menores no programa Cativos de Cáritas

Os Campamentos de Arnela, promovidos por Cáritas en Santiago de Compostela a través do...