InicioPOLÍTICA"Un ano intenso": Goretti Sanmartín revela os proxectos estrela para cambiar Santiago...

“Un ano intenso”: Goretti Sanmartín revela os proxectos estrela para cambiar Santiago de Compostela este 2025

O goberno local de Santiago afronta 2025 co reto de completar a aprobación dos orzamentos, impulsar a construción de vivenda pública e acometer melloras no transporte, incluíndo novas liñas e conexións para o rural e un servizo nocturno

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

O goberno municipal de Santiago de Compostela, encabezado pola alcaldesa Goretti Sanmartín, expuxo este venres nun encontro informativo na Casa das Máquinas as prioridades para o ano 2025. Entre os obxectivos máis urxentes atópase a aprobación dos orzamentos municipais, un proceso que, segundo explicou a rexedora, está en plena negociación co grupo socialista. Sanmartín destacou que os orzamentos, arredor de 144 millóns de euros, permitirán afrontar proxectos esenciais para a cidade.

En materia de obras públicas, a alcaldesa indicou que este será un ano “intenso“, con intervencións destacadas como a finalización da reforma da rúa do Pombal, a posta en marcha da primeira fase da plataforma loxística e a renovación do complexo deportivo de Santa Isabel. Tamén se contempla a rehabilitación do estadio Vero Boquete e a creación dun novo equipamento en Santa Marta. Estas actuacións suman un investimento de 3,5 millóns de euros para mellorar a calidade das infraestruturas no ámbito rural e urbano.

Sanmartín subliñou tres proxectos clave para 2025: o avance no conector central, que prevé a publicación do concurso para a súa execución; a revitalización da zona norte da cidade histórica, incluíndo melloras no barrio de Almáciga; e a transformación do Ensanche sur, que comezará pola rúa Santiago de Chile. Estas actuacións buscan consolidar un modelo urbano máis sostible e funcional.

Outro dos temas abordados foi o acceso á vivenda, unha das “maiores preocupacións” da cidadanía compostelá, segundo a alcaldesa. O Concello aposta pola creación dunha empresa municipal centrada na rehabilitación de vivendas e na ampliación da oferta pública de alugueiros. Ademais, sacarase á poxa o parque inmobiliario incluído no rexistro de Soares, avanzando na declaración de mercado tensionado para facilitar o acceso a vivendas a prezos accesibles.

No ámbito ambiental, o goberno local seguirá traballando na mellora da recollida de residuos e na compostaxe da materia orgánica, así como na prevención de inundacións en zonas sensibles como a Ronda do Vieiro. Para isto, buscarase a colaboración de Augas de Galicia e o acceso a fondos adicionais que permitan abordar estas problemáticas de maneira efectiva.

O transporte será outro dos retos principais do 2025, co obxectivo de mellorar a conectividade entre o rural e o núcleo urbano mediante liñas alimentadoras, un autobús nocturno e a renovación da frota, que xa se puido ver antes de finais do 2024. Porén, os contratos previstos para este servizo aínda non están asinados, un atraso que, segundo Sanmartín, ‘intentarán solucionar nos próximos meses’.

No ámbito social, a tenenta de alcaldesa, María Rozas, anunciou a creación dun Centro de Atención Integral a Persoas Sen Fogar, un proxecto que cualificou de “fundamental” para atender ás persoas máis vulnerables. Ademais, avanzou na creación da Casa dos Maiores no Ensanche, un espazo pensado para atender as necesidades da poboación de máis idade.

Rozas tamén destacou a importancia de avanzar na xestión directa de equipamentos municipais, como os aparcadoiros de praza de Galicia, previsto para este ano, e de Praza de Vigo, que se integrará en 2026. Ademais, mencionou o compromiso do Concello co parque comarcal de bombeiros, confiando en que 2025 sexa o ano definitivo para materializar este proxecto.

En canto á xuventude, anunciarase a creación da Factoría Moza en Salgueiriños, un novo espazo dedicado ás políticas xuvenís. Pola contra, Sanmartín deixou claro que a Casa da Xuventude non é unha prioridade para este mandato.

Finalmente, no plano cultural, destacou que 2025 estará marcado polo “Ano Castelao” e o “Ano Isaac Díaz Pardo”, promovendo actividades de memoria histórica centradas nas mulleres e propoñendo que a estación intermodal leve o nome de Castelao. Así, o Concello busca consolidar Santiago como un referente cultural e social.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here