InicioPOLÍTICAA Xunta e o CSIC fortalecen a súa colaboración para impulsar a...

A Xunta e o CSIC fortalecen a súa colaboración para impulsar a ciencia en Galicia

Román Rodríguez e Eloísa del Pino destacan o papel do Cesga como referente internacional en investigación e supercomputación

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Eloísa del Pino, reuníronse este pasado xoves para reforzar a cooperación entre o organismo estatal e a Xunta de Galicia. Durante o encontro, abordaron o impulso ao Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e discutiron proxectos conxuntos para ampliar a proxección internacional desta entidade científica.

Esta foi a primeira reunión entre Rodríguez e Del Pino tras a asunción das competencias de Ciencia por parte do conselleiro galego. Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Carmen Cotelo, destacou a importancia de traballar conxuntamente entre administracións para alcanzar “grandes resultados”.

“A colaboración entre Xunta e CSIC é fundamental para promover unha ciencia e investigación de excelencia“, afirmou o conselleiro, quen subliñou o compromiso do Goberno galego coa I+D+i, materializado en investimentos de máis de 28 millóns de euros destinados a centros do CSIC en Galicia. Estes fondos apoian programas como axudas a investigadores excelentes (ERC), grupos de referencia e contratos predoutorais e posdoutorais para atraer e reter talento na comunidade.

O Cesga, dependente tanto da Xunta como do CSIC, foi un dos puntos centrais do encontro. Actualmente, esta infraestrutura presta servizo a numerosos centros do CSIC, como o Instituto de Física Teórica e o Instituto de Ciencia de Materiais, e conta con 344 contas de usuario activas para proxectos científicos. A colaboración entre ambas as entidades propiciou 209 publicacións científicas baseadas en investigacións realizadas con recursos do Cesga.

Rodríguez anunciou que a Xunta construirá unha nova sede do Cesga no polígono da Sionlla en Santiago de Compostela, cun investimento de 56 millóns de euros, o maior da súa historia. Este proxecto busca ampliar as capacidades do centro e prevese que estea completado en 2026.

Ademais de valorar as colaboracións actuais, Rodríguez e Del Pino exploraron novos proxectos estratéxicos para o Cesga e a comunidade científica galega. “O potencial do Cesga pode ser aínda máis aproveitado, beneficiando tanto a Galicia como á relevancia nacional e internacional da investigación galega”, apuntou o conselleiro.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here