InicioPOLÍTICADaniel Chapela renuncia á coordinación de Cultura do PPdeG e á militancia...

Daniel Chapela renuncia á coordinación de Cultura do PPdeG e á militancia no partido

Manterase como concelleiro independente en Bueu, priorizando os compromisos coa veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

Este luns, Daniel Chapela, até agora coordinador de Cultura do PPdeG e concelleiro no Concello de Bueu, ademais de opinador en Xornal de Compostela anunciou a súa renuncia ao cargo dentro do partido e á súa militancia, mantendo a súa posición como concelleiro independente. A decisión, segundo comunicou, responde a profundas diferenzas co actual equipo da Consellería de Cultura e a discrepancias internas na dirección do grupo municipal do PP en Bueu.

Chapela apuntou que, dende o seu ingreso no equipo, a súa prioridade foi “traballar polo benestar e os intereses da veciñanza”, e que a súa implicación nas áreas de lingua, cultura e política local sempre estivo guiada por un forte compromiso coa xente de Bueu. Non obstante, tras as últimas eleccións autonómicas, declarou sentirse decepcionado coa xestión do equipo que asumiu a Consellería de Cultura, particularmente en materia lingüística, o que definiu como “un piar fundamental para o país e para min”. Entre as causas que o motivan a renunciar, sinalou a postura do conselleiro respecto ao ‘Pacto pola Lingua’, que, na súa opinión, non ofrece “mensaxes esperanzadoras” nun momento decisivo para o futuro do galego.

A súa decisión de desligarse do PP tamén ten a súa orixe en diferenzas dentro do grupo municipal de Bueu, especialmente logo do pleno de xullo. Chapela explicou que, nunha reunión previa ao pleno, manifestara o seu apoio ao voto en contra do estudo para transformar unha zona de aparcadoiro en espazo verde, segundo unha promesa electoral. Porén, no último momento, a súa voceira instou ao grupo a absterse, o que levou a Chapela a romper a disciplina de voto “por lealdade á palabra dada á veciñanza”.

A esta serie de discrepancias engádese a frustración do político coa dinámica de traballo interna do partido, onde sente que se frean “as ideas de calidade” que outros compañeiros propoñen. “Para min, a política non é figurar nas fotos, senón construír”, afirmou, enfatizando a súa visión dunha política que debe servir de ferramenta ao servizo das persoas e non ao contrario.

Chapela conclúe o seu comunicado anunciando a súa renuncia oficial como coordinador de Cultura do PPdeG e á súa militancia no partido, pero confirma que seguirá como concelleiro independente en Bueu para defender os compromisos adquiridos durante a campaña e os valores polos que entrou en política. Agradeceu especialmente o apoio das persoas máis próximas nesta etapa, cuxo respaldo, segundo afirma, foi fundamental para poder dar este paso.

ÚLTIMAS

A vítima dunha apuñalada en Santiago non identifica ao acusado, pero unha testemuña mantén que o viu coller un obxecto punzante

A primeira xornada do xuízo polo apuñalamento dun menor á saída da discoteca Vanitas...

O arquitecto José María Ezquiaga presidirá o xurado do concurso para transformar o Conector Central

O Concello de Santiago deu a coñecer este sábado o nome da persoa que...

O Concello intensifica a limpeza de sumidoiros para previr inundacións en Santiago

A Concellería de Sustentabilidade Ambiental reforzou nas últimas semanas os labores de mantemento da...

O PSdeG acusa a Xunta e o Goberno local de “parálise” no desenvolvemento de solo industrial en Santiago

O Grupo Municipal Socialista volveu situar esta semana o desenvolvemento de solo industrial no...

Verea pide unha vez máis a dimisión de Sanmartín tras denunciar a “inoperatividade” do parque de bombeiros

O portavoz do PP en Santiago, Borja Verea, volveu este luns a cargar contra...

A alcaldesa acusa ao PP de “mentir descaradamente” polo conflito dos bombeiros: “A palabras necias, oídos xordos e nós a traballar”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, criticou ao Partido Popular, "con Borja Verea á...

O PSdeG esixe a dimisión do responsable da Xerencia sanitaria de Santiago tras o colapso no CHUS

O deputado socialista no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, esixiu a dimisión "inmediata" do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here