InicioPOLÍTICADaniel Chapela renuncia á coordinación de Cultura do PPdeG e á militancia...

Daniel Chapela renuncia á coordinación de Cultura do PPdeG e á militancia no partido

Manterase como concelleiro independente en Bueu, priorizando os compromisos coa veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

Este luns, Daniel Chapela, até agora coordinador de Cultura do PPdeG e concelleiro no Concello de Bueu, ademais de opinador en Xornal de Compostela anunciou a súa renuncia ao cargo dentro do partido e á súa militancia, mantendo a súa posición como concelleiro independente. A decisión, segundo comunicou, responde a profundas diferenzas co actual equipo da Consellería de Cultura e a discrepancias internas na dirección do grupo municipal do PP en Bueu.

Chapela apuntou que, dende o seu ingreso no equipo, a súa prioridade foi “traballar polo benestar e os intereses da veciñanza”, e que a súa implicación nas áreas de lingua, cultura e política local sempre estivo guiada por un forte compromiso coa xente de Bueu. Non obstante, tras as últimas eleccións autonómicas, declarou sentirse decepcionado coa xestión do equipo que asumiu a Consellería de Cultura, particularmente en materia lingüística, o que definiu como “un piar fundamental para o país e para min”. Entre as causas que o motivan a renunciar, sinalou a postura do conselleiro respecto ao ‘Pacto pola Lingua’, que, na súa opinión, non ofrece “mensaxes esperanzadoras” nun momento decisivo para o futuro do galego.

A súa decisión de desligarse do PP tamén ten a súa orixe en diferenzas dentro do grupo municipal de Bueu, especialmente logo do pleno de xullo. Chapela explicou que, nunha reunión previa ao pleno, manifestara o seu apoio ao voto en contra do estudo para transformar unha zona de aparcadoiro en espazo verde, segundo unha promesa electoral. Porén, no último momento, a súa voceira instou ao grupo a absterse, o que levou a Chapela a romper a disciplina de voto “por lealdade á palabra dada á veciñanza”.

A esta serie de discrepancias engádese a frustración do político coa dinámica de traballo interna do partido, onde sente que se frean “as ideas de calidade” que outros compañeiros propoñen. “Para min, a política non é figurar nas fotos, senón construír”, afirmou, enfatizando a súa visión dunha política que debe servir de ferramenta ao servizo das persoas e non ao contrario.

Chapela conclúe o seu comunicado anunciando a súa renuncia oficial como coordinador de Cultura do PPdeG e á súa militancia no partido, pero confirma que seguirá como concelleiro independente en Bueu para defender os compromisos adquiridos durante a campaña e os valores polos que entrou en política. Agradeceu especialmente o apoio das persoas máis próximas nesta etapa, cuxo respaldo, segundo afirma, foi fundamental para poder dar este paso.

ÚLTIMAS

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O PP pide a convocatoria urxente do Padroado de Bando pola situación do refuxio de animais

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, anunciou que o seu grupo...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O PP pide a convocatoria urxente do Padroado de Bando pola situación do refuxio de animais

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, anunciou que o seu grupo...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here