InicioPOLÍTICAA compostelá Alejandra del Río Novo é nomeada embaixadora de España en...

A compostelá Alejandra del Río Novo é nomeada embaixadora de España en Islandia

A diplomática compostelá suma un novo destino despois de ser nomeada en xullo embaixadora en Noruega

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Ministros aprobou este martes o nomeamento da compostelá Alejandra del Río Novo como nova embaixadora de España en Islandia. Del Río Novo, nada en Santiago de Compostela en 1973, xa fora designada en xullo de 2023 como embaixadora en Noruega, ampliando agora a súa carreira diplomática ao país veciño.

Licenciada en Dereito e pertencente á carreira diplomática dende 1999, Alejandra do Río conta cunha ampla experiencia internacional. Entre os cargos máis destacados que desempeñou, figuran o de conselleira na Representación Permanente de España ante Nacións Unidas, cónsul en Bos Aires e segunda xefa nas embaixadas en Israel e Qatar. Ademais, en España, traballou como directora de Gabinete en distintos ministerios, incluíndo o de Asuntos Exteriores, e foi directora xeral de Cooperación Autonómica e Local no Ministerio de Política Territorial.

Este nomeamento afianza a traxectoria internacional da compostelá, que seguirá representando a España no contexto europeo, agora desde Islandia.

ÚLTIMAS

O Compos amplía a vantaxe na cabeza tras vencer pola mínima ao Arosa

A SD Compostela continúa firme no alto da clasificación tras superar este domingo ao...

Verea pide ao goberno de Santiago que aclare a súa postura sobre o turismo ante a caída de visitantes

O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, urxiu ao executivo de BNG e...

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Verea pide ao goberno de Santiago que aclare a súa postura sobre o turismo ante a caída de visitantes

O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, urxiu ao executivo de BNG e...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...