InicioOPINIÓNDeixade a xente desfrutar das cousas

OPINIÓN

Deixade a xente desfrutar das cousas

Publicado o

Por Marcos Villar
Marcos Villar
Marcos Villar
Nado en Ribadeo en 1994. Farmacéutico en Compostela e estudante de dereito. Membro do Consello Cidadán Galego de Podemos Galicia.

O pasado domingo, por se non o sabiades, xogou a selección española de fútbol masculino. Gañaron a final para desgraza dunha militancia que di representar o seu pobo, pero que o entende moi pouco. Tamén pasou outra cousa, fíxose o silencio nas rúas, só interrompido pola celebración ocasional ou pola angustia segundo o momento. Un Obradoiro baleiro, unha Zona Vella concentrada nos seus bares, os barrios nunha tensa calma e a Praza Roxa vibrante e emocionada.

Sorprende que existira un debate real sobre poñer ou non unha pantalla na capital galega. A realidade da cidade agora gobernada por Sanmartín non concorda coa cidade imaxinada pola militancia nacionalista.

Somos precarias, cada día máis precarias. A máxima responsabilidade que temos é pagar un alugueiro que cada día afoga máis a nosa propia existencia. A aspiración de construír unha familia é unha utopía. Non temos vida ou a nosa vida é ese tempo que transcorre entre que saímos de traballar e entramos o día seguinte. Merecemos desconectar, parar un segundo, non pensar no que temos que facer, formar parte de algo colectivo, vivir neste momento e neste lugar. Todos necesitamos momentos así, e que bonito é compartilos, vivilos en público e sentilos nas nosas prazas aínda que sexan só 90 minutos, máis o tempo de desconto. Unha aperta no descanso, falar, dicir unha tolería. Porque ás veces tamén é necesario dicilas. Ao final un sorriso, unha celebración, felicidade. Mañá é luns, mañá xa volveremos pensar.

Parece incrible a normalidade coa que entendemos o espazo público privatizado en terrazas, pequenos fragmentos de historias, consume para estar. Paga e esquece. É sorprendente o medo que dá o espazo público ocupado pola xente, pola veciñanza, por nós as precarias. Queremos ocupar máis prazas e sen ter que pagar. Queremos máis que celebrar e menos reproches que recibir. Queremos que a veciñanza tome as rúas e que comparta a súa vida, e non unha cidade coma un parque temático.

Temos que afrontar moitos debates de como queremos a nosa cidade. Dediquemos os nosos esforzos a iso. Non temos que loitar en todas as batallas e non todo o que non compartimos ten que ser unha loita. Alcaldesa Sanmartín, a política non está para roubarlle á cidadanía uns 90 minutos de tranquilidade, senón para conseguir que eses momentos non existan só cada 4 anos.

ÚLTIMAS

O Teatro Principal entrega a Alba de Compostela a catro referentes locais no Día da Patria Galega

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu este 25 de xullo un dos...

O misterio do Apóstolo: espiritualidade, estratexia e construción de Europa

Cada 25 de xullo, Galicia celebra o día do seu patrón, o Apóstolo Santiago....

Rosalía de Castro recibe unha emotiva homenaxe en Bonaval

Diversas autoridades renderon homenaxe neste venres 25 de xullo, Día de Galicia, á insigne...

Unha alfombra floral honra a Díaz Pardo na Praza da Inmaculada

Unha alfombra floral conmemora ao artista e intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo (1920-2012) na...

O Día de Galicia

O Día de Galicia, tamén coñecido como Día da Patria Galega, celébrase o 25...

Gobernar “con sentidiño”

O Partido Popular de Galicia, leva gobernando a Comunidade Autónoma, 16 anos. Considero que...

León XIV: Avance, retroceso ou continuidade?

Robert Prevost, agora León XIV, será o Sumo Pontífice que dirixa os destinos da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here