InicioOPINIÓNDunha voadura descontrolada, dun secretario xeral pantasma e da necesidade dunha alternativa...

OPINIÓN

Dunha voadura descontrolada, dun secretario xeral pantasma e da necesidade dunha alternativa firme

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Santiago de Compostela e a política municipal atópanse, nestes intres, nunha caída libre, froito do pleno deste pasado luns no que, entre outros asuntos, se tratou unha nova ordenanza a respecto das vivendas de uso turístico. Esta proposta contaba, de inicio, cos votos favorables do BNG e CA e en contra do PP —cuxo voceiro, Borja Verea, se manifestou en contra de que Santiago de Compostela se poida converter nunha gran vivenda de uso turístico durante sesenta días ao ano—. En terra de ninguén quedaba o PSdeG, cuxo grupo municipal anunciou o voto favorable e cuxa executiva local manifestou que se debían abster. O cumprimento dos ditados da dirección do partido implicaban a caída da ordenanza e, en definitiva, que as aspiracións de Goretti Sanmartín —que en campaña prometeu apoio aos propietarios desas vivendas e, agora, como Poncio Pilatos, lava as mans— quedasen en nada.

Non obstante, os edís socialistas incumpriron o mandato da executiva e votaron a favor da medida, alegando que o facían por coherencia e pola cidade. Dentro deste choque interno, diferentes puntos de vista, mais todos parecen concordar nunha manobra de Bernardino Rama para executar a todos os edís socialistas —a última hora de onte foi anunciada a apertura dun expediente disciplinario—, especialmente ao sector universitario —Mercedes Rosón, Sindo Guinarte e Marta Abal—. No medio, un Aitor Bouza cadavérico que, froito da necesidade desmedida de atención, de buscar un postiño no que se colocar no Concello —despois de bailar entre Parlamento e Concello e quedar sen cadeira— e da imposibilidade de obter foco por si mesmo, actúa sen pensar nas previsibles consecuencias dos seus actos. É evidente que, no marco desta voadura absoluta do PSdeG en Santiago de Compostela, Bouza —quen semella títere ou ignorante (ou ambas as dúas son correctas) sobre as dinámicas socialistas— corre un risco extremadamente elevado de quedar fóra de xogo, relevado por unha Marta Álvarez Santullano que se perfila —froito da longa traxectoria política con Rama, home que actúa como se fose a Mari Carmen y sus muñecos do PSOE compostelán— como alcaldable dun PSdeG que podería quedar sen ningún edil na cidade se se consuma a expulsión dos concelleiros. Bouza queda así cunha mensaxe totalmente inconsistente logo dunha fin de semana de vídeos e publicacións en redes sociais, optando agora por ocultarse tras unha nota de prensa da executiva local, xa que o seu liderado —cuestión antes apreciada de forma interna— queda publicamente comprometido, cunha sorte de secretario xeral que deambula como o rei nu do conto de Andersen.

En fronte, un Borja Verea que queda reforzado como a verdadeira oposición e alternativa a unha Goretti Sanmartín que faltou á palabra dada e que deixa unhas parroquias e barrios cada día máis descoidados. É aí onde reside a posibilidade de cambio ante un PSdeG compostelán que arde até os cimentos —unha mostra evidente é o silencio de Besteiro, que pretende agochar a cabeza en Lugo ante unha loita de dimensións épicas na que el, como parte implicada co nomeamento de Bouza (quen o asesora no Parlamento, o que explica os nove deputados), ten responsabilidades, ou o propio Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, quen ironizaba sobre como a situación do PSOE se converteu nun instrumento de tortura medieval para o seu creador—. Verea, cun equipo cohesionado e con propostas orixinais e frescas, achega innovación a unha cidade necesitada dun líder solvente e que poida dar a estabilidade que a capital de Galicia precisa, ante o vodevil de Bouza, Rama, Santullano etc. destes últimos días. Aí está unha posibilidade máis para Verea, que se suma ao labor de oposición responsable e en alza que amosaba a enquisa de Sondaxe. Na necesidade dunha alternativa firme. Santiago de Compostela meréceo.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here