InicioOPINIÓNO prezo da última cea

OPINIÓN

O prezo da última cea

Publicado o

Por María Rego de la Torre
María Rego de la Torre
María Rego de la Torre
María Rego de la Torre, nada en Vigo en 2002, é estudante de último ano de Comunicación Audiovisual. Os seus intereses céntranse no cine e na cultura, e é co-creadora da webserie Ecos dun Verán

Coa chegada do mes de xuño e da calor chega tamén esa época do ano na que centos de estudantes din adeus ás súas facultades, na que se despiden dos seus compañeiros e profesores e na que comeza unha nova etapa das súas vidas. Despois de meses estudando para os exames finais e preparando os seus Traballos de Fin de Grao, chega o que para moitos é o broche final para a súa vida universitaria: a graduación.

Santiago é, para estes estudantes, a cidade que os acolleu e na que construíron unha nova vida e novas relacións. Despois de, como mínimo, catro anos vivindo aquí, ten sentido que queiran despedirse por tódolo alto.

Porén, hai un factor das graduacións que nunca deixa de sorprender: os prezos dos espazos e das cenas. Dalgunha forma, ao longo dos anos foise normalizando que cada estudante teña que pagar máis de 80€ se quere cear co resto da súa clase e co profesorado. Eso se non participa nos pinchos e se non leva a ningún acompañante. Se tes a sorte de formar parte dunha promoción con moi poucos graduados, ao igual podes atopar un menú máis preto dos 50€, pero para carreiras como mediciña, física ou farmacia os prezos por persoa aproxímanse máis aos 100€.

Sabendo o nivel económico da meirande parte do estudantado, así coma a tolemia que son os alugueres na cidade, esperar que fagan un gasto desas dimensións se queren formar parte do que é para moitos unha noite única faise un tanto irreal.

Entendendo que os servizos de cátering así coma os alugeres dos espazos non poden saír de balde, resulta algo sorprendente a falta de ofertas para estudantado. Da mesma forma que podes alugar o teu espazo por prezos diferentes en función de se se vai realizar unha boda ou unha reunión importante, a escaseza de ofertas e packs orientados a ofrecer estes servizos aos recén graduados é impactante. Sobre todo se temos en conta a tradición de Santiago como cidade universitaria.

Tras anos de estudo, esforzo e traballo duro, unha graduación debería ser un momento de celebración para todo o alumnado, independentemente do seu nivel económico.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Santiago defende o labor do Concello para gañar rutas aéreas e acusa á Xunta de “non coller o temón” da política...

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu o impulso que se dá desde o...

O Goberno recolocará a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais de Santa Marta

O Goberno planea recolocar a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais do...

Máis de 280 escolares do CEIP Pío XII homenaxean o comercio tradicional compostelán na Praza do Obradoiro

Máis de 280 escolares de Educación Infantil e dos primeiros cursos de Primaria do...

O PP carga contra o goberno local pola sentenza do TSXG sobre o interventor mentres o Concello defende que o fallo cuestiona só un...

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, asegurou este...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

…E o “medicamentazo”!

No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP) permitiu...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here