InicioOPINIÓNDun servizo impropio para a capital de Galicia, duns taxis descontrolados e...

OPINIÓN

Dun servizo impropio para a capital de Galicia, duns taxis descontrolados e dunha alcaldesa a mirar para a catedral

Publicado o

Por Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela
Daniel Chapela (Meiro, Bueu, 1999) é filólogo galego, membro da USC e coordinador de Cultura do PPdeG desde maio de 2022. Os seus intereses céntranse na política municipal e galega e na dinamización da cultura do país.

Un día poallento, no que a chuvia cala pouco a pouco no corpo dos transeúntes. Un taxi cruza a rúa a toda velocidade, mentres, na parada, múltiples persoas agardan a súa quenda para chegar a puntos lonxanos da cidade. Autoorganízanse, pois é imposible contactar con RadioTaxi, cun sinal que di “liña ocupada” e remata a chamada. Con sorte, poderán compartir taxi ao Gaiás, a un congreso, ao hospital… Sen sorte, mentres a choiva repiquea sobre os seus paraugas, terminarán perdendo a quenda no médico, chegando tarde ao evento ou, directamente, dándose por vencidos. Pero, non se alegren agora que chega o verán. Con sol tamén ocorre o mesmo!

Na actualidade, Santiago de Compostela carece dun servizo de taxis digno, con días de esperas interminables e viaxeiros tirados nas paradas e nas súas propias casas. As competencias sobre este servizo son de carácter municipal. Porén, semella que a alcaldesa da cidade, que cobra por volta dos 63.000 euros anuais, non se enterou de que ten marxe de manobra. Nin ela, nin os tropecentos asesores contratados a cargo do erario público, uns cartos evidentemente tirados ao lixo porque non se dan solucións aos problemas da cidadanía. Na data en que escribo este artigo, faise un ano desde que se celebraron as últimas eleccións municipais. Porén, en todo este tempo, a alcaldesa aínda non tomou decisións relevantes que transformen a cidade, máis preocupada por vivir rodeada de persoas aduladoras que por mellorar a vida da veciñanza. A dos taxis é unha mostra dun problema que, probablemente, quedará para o vindeiro alcalde.

A capital de Galicia precisa de mudanzas que prestixien a cidade, que ofrezan uns servizos dignos á cidadanía e aos visitantes, ás persoas que habitamos os espazos desta cidade milenaria. É por iso que o que se espera de Sanmartín —era ela quen falaba dun goberno achegado á veciñanza— é que saia da súa atalaia na que ir a unha inauguración é xa política de cidade e comece a traballar. En diálogo co sector, con consenso e coa man tendida, como se espera de calquera persoa que presumiu diso toda a vida. Salvo que, como parece, os compromisos quedasen en papel mollado e todas aquelas frases bonitas fosen só slogans preelectorais. Pasado aquel día, pasou a romaría!

Non é de recibo que os taxistas se enteren das solicitudes do BNG e CA á Xunta de Galicia a través da prensa, xa non só porque careza dun consenso mínimo (que tamén), senón sobre todo porque non arranxan o problema de raíz. O caos circulatorio da capital galega, sumado á falta dun servizo de autobuses digno —competencia exclusiva de Sanmartín—, son algúns dos factores que fan que, na actualidade, exista un problema na prestación do servizo de taxis, posto que, se estes tardan 10 minutos en cruzar exclusivamente a Virxe da Cerca, é imposible que poidan atender todas as peticións.

Sanmartín leva desde a súa investidura tentando esquivar calquera asunto, mirando cara á catedral e pensando en facerse crente para encomendarse a Santiago apóstolo a ver se este lle resolve os problemas. Porén, a solución neste caso é evidente: reunións e decisións. Decisións reais, non parches que visten ben na prensa pero non cambian nada. E, se non, facerse a un lado. Xa o dixo o pobo: “Manolete, Manolete, si no sabes torear, ¿pa’ qué te metes?”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

…E o “medicamentazo”!

No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP) permitiu...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here