InicioOPINIÓNQue ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á...

OPINIÓN

Que ten Rueda que sempre vota (actúa) en contra de axudar á Galiza?

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

“Cantas mortes máis serán necesarias para darse conta de que xa foron demasiadas?”. Bob Dylan: icónico cantautor, músico e poeta estadounidense. Premio Nobel de Literatura en 2016. 24/05/1941.

Na primeira toma de posesión do sr. Rueda (14/05/2022) tras o relevo de Feijóo (a dedo), no seu discurso oficial pideu “a axuda de todos para acadar os obxectivos de Galicia” (?). Na súa segunda toma de posesión (13/04/2024) comprometeuse a que “gobernará para todos os galegos e galegas, que traballaría para os que nos votaron e especialmente para os que non nos votaron, para merecer a súa confianza”… E que está sucedendo realmente? Todo o contrario. Rueda goberna para uns poucos, casi sempre facendo lobbi cas grandes compañías e despreciando as xustas reivindicacións dos veciños e veciñas.

O último Padrón de Españois Residentes en el Extranjero, según o Instituto Nacional de Estadística (19/03/2026) indica que o número de Galegos inscritos é de 563.303, 34.000 máis que no 2022. Podemos dicir que a Emigración é a quinta provincia galega… e a máis numerosa. Un goberno que se precie e que goberne para todos, ten que facelo de verdade e non ver como cada día marcha xente do País. Por que será sr. Rueda?

O Goberno da Xunta ten a responsabilidade de protexer os dereitos das 35.000 traballadoras afectadas pola situación do comercio e polo impacto da sinatura en Madrid dun convenio estatal moito peor para as traballadoras galegas. Reivindican un Acordo Marco Galego Xa! con prioridade dos convenios provinciais! E Rueda que fai?

Responsabilidade directa dos gobernos de Feijoo e Rueda é a Débeda Pública de Galiza…que non para de medrar. Según o Banco de España: a débeda pública pasou de 4.859 millóns de € a 12.010, cun aumento de 7.151 millóns de €. Un responsable político, non pode cargar aos seus cidadáns, con 4.414 € por persoa! E encima, rechaza a quita da débeda de 4.010 millóns de €. É iso gobernar para todolos galegos? A maior parte da débeda está en mans da banca privada (5.906 millós de €) cos seus xuros correspondentes.

A Xunta castiga a Traballadores Temporais por aceptar un posto: “Se xa estaban maltratadas nas listas, agora peor” dí a CIG. Explican as consecuencias da modificación do Decreto 40/2026, que supón, “un importante recorte de dereitos para os traballadores nas listas de contratación da Xunta”. É ísto gobernar para todxs.

Según Praza Pública: o Defensor del Pueblo, advirte ao Sergas “do risco de suplir médicos con máis traballo de compañeiros; as consultas tanto de medicina de familia como de enfermaría teñen “unha lista de agarda superior aos 14 días no 93% das axendas… suplir as ausencias dos profesionais, de maneira preferente, a partir da aplicación dun complemento á prestación de servizos de aqueles que se fan cargo das tarefas de compañeiros ausentes, non substituídos por persoal temporal, supón un aumento da carga de traballo; a presión asistencial elevada xera aos profesionais unha tensión excesiva ao ter que realizar esforzos que van máis alá do razoable, con incidencia na súa saúde laboral e na seguridade do paciente”. É ísto razoable para o goberno do PP na Galiza?

P.S. Mentras escribo este artigo, prodúcese a remuda na cúpula do SERGAS. O seu xerente, o Dr. José Parada, é cesado fulminantemente e substituido polo Dr. Luis León. A miña valoración é que é un “fracaso rotundo do PP”: dous anos da anterior remodelación do SERGAS e é cesado o seu Xerente. É responsabilidade do Dr. Parada? Evidentemente non: a política de ineptitude, desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público Galego é cousa do sr. Rueda…e antes do sr. Feijoo. É unha cuestión ideolóxica: privatizar é o primeiro. Nombra de Director Xeral de AP e Comunitaria a Salvador Ageitos, e ísto é un despropósito: pois o PP eliminou esta Dirección Xeral…e vendo o fracaso da decisión, agora volve a recuperala. É todo patético! O novo Xerente do Sergas, é Oncólogo, amigo persoal do inútil e amortizado Conselleiro de Sanidade. Ademáis: nunca traballou en xestión! Iso sí: pérdese un moi bo Presidente do Comité Molecular de Tumores do SERGAS. Victoria tras victoria (para eles) ata o FRACASO FINAL! A cidadanía non se merece este desprezo.

Seguiremos pelexando… O día 4 de xuño, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia fará Concentracións en toda Galiza (33 Plataformas actualmente).

BERRAREMOS: POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL, IGUALITARIA, GRATUÍTA E DE CALIDADE! E NÓS QUE O VEXAMOS!

ÚLTIMAS

Arredor dun milleiro de manifestantes impiden a celebración dun acto de Vox en Compostela

Arredor dun millar de persoas concentráronse na tarde deste luns ante o Centro Sociocultural...

O novo bus urbano de Santiago reforzará o Polígono do Tambre e incorporará servizos nocturnos antes de final de ano

O novo servizo de autobús urbano de Santiago de Compostela prevé comezar a funcionar...

Erguer leva o estado de San Clemente ao centro da crise da vivenda estudantil

O recente desprendemento dunha parte da cornixa e da cuberta dun balcón do Colexio...

Artistas galegos comprometid@s con Palestina: The Rapants, Laura Lamontagne, O Xoán e Caamaño&Ameixeiras no AmalxGaza

A Fundación Araguaney e o Festival Amal organizarán o vindeiro 8 de outubro na...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here