No estado español, o “medicamentazo” (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP) permitiu a exclusión do financiamento público de 417 fármacos utilizados para “síntomas menores” co obxetivo de “reducir” a factura farmacéutica. Supuxo un “aforro ao sistema”… pero aumentou o gasto directo dos cidadáns, pola elevación excesiva do prezo. O obxectivo era “aliviar” as arcas públicas do Sistema Nacional de Salud, nun contexto de crise económica…a costa dos cidadáns!
Os afectados, pagan unhas cantidades abusivas, pola subida de prezos permitida polo PP. Os medicamentos afectados son, en teoría, para doenzas leves ou crónicas: refluxo gástrico, varices, dores musculares, laxantes, antiácidos, mucolíticos, etc… Máis de metade, encarecéronse desde a aplicación do medicamentazo. Un de cada cinco, duplicou (e ata triplicou) o seu prezo. Foi un dos recortes do goberno que maior rexeitamento social e político provocou, por ser os Pensionistas un dos grupos máis afectados.
O impacto económico fixo que os cidadáns, asumiran 450 millóns de € cada ano. O “copagamento” para os xubilados foi do 10%, ata un tope determinado (antes non pagaban nada). A lista inicial foi de 417, aínda que 97 deles, siguen sendo financiados en casos de enfermidades crónicas, oncolóxicas ou de carácter dexenerativo. No estado, non pagan ou están exentos do copagamento farmacéutico os Pensionistas cuxa renda anual é inferior a 5.635 € ou inferior a 11.200 € se non están obrigados a declarar IRPF. Os Pensionistas beneficiarios de pensións de xubilación ou invalidez non contributivas. Parados de longa duración que esgotaran o subsidio por desemprego (480 €). Perceptores que reciben axudas por Renda Activa de Inserción ou o Ingreso Mínimo Vital. Menores de 18 anos cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Os afectados da Síndrome Tóxica e outras Enfermidades Raras incluídas na normativa. En tratamentos por accidente de traballo por enfermidade profesional. Para beneficiarse, é necesario ter a Tarxeta Sanitaria Individual actualizada, a cal rexistra o nivel de achega farmacéutica correspondente segundo os dados da Axencia Tributaria e a Seguridade Social.
O “medicamentazo” do 2012: segue vixente nas súas liñas xerais. Os pacientes seguen pagando o 100% destes medicamentos excluidos!
Actualmente estase tramitando a Lei dos Medicamentos e Productos Sanitarios e aparece de novo, no discurso institucional: que non hai un avance concreto sobre a súa tramitación, tras superar a fase de consulta pública. A ministra, asegurou que “seguirá avanzando na tramitación desta norma, á que situou como a chave para redefinir o acceso aos tratamentos en España. Busca mellorar a incorporación da innovación terapéutica, fomentar o uso de xenéricos e biosimilares e reforzar a nosa capacidade para previr desabastecementos, sempre cun obxectivo claro: garantir que os pacientes accedan antes aos tratamentos que achegan valor en saúde e facelo de maneira sostible para o sistema público”. En calquera caso, asegura que “como moi tarde, a norma verá a luz a comezos de 2026, consolidando un novo marco regulador farmacéutico adaptado ás necesidades actuais do sistema sanitario”…pero sigue en vigor!
O obxectivo de aforrar 500 millóns de € anuais, supuxo un aforro sí… para o estado, pero un incremento directo no gasto dos usuarios.
P.S. Actualmente, Donald Trump, aparte das barbaridades que está facendo na guerra de Netanyahu, está ca “Cláusula de la Nación Más Favorecida”, que fai que a publicación dos prezos dos medicamentos noutros países, poda poñer en risco a súa comercialización temperá. As bravuconadas diarias de Trump, teñen na política farmacéutica, un dos seus protagonistas. Esta cláusula, estipula que os EUA “pagarán polos medicamentos, unha cantidade igual ao prezo máis baixo pagado polos países do G7, máis Suíza e Dinamarca”. A retórica de Trump, segue a mesma liña que os seus argumentos no gasto en defensa: “a idea de que outros países aproveiten os altos investimentos dos EUA para aforrarse cartos e manter baixos os niveis de investimento, nos seus propios países”. Este concepto impera para os medicamentos… e para as armas! Que pena!

