InicioOPINIÓN'Panorama' das festas

OPINIÓN

‘Panorama’ das festas

Publicado o

Por Lois E. Froiz
Lois E. Froiz
Lois E. Froiz

Nado en Compostela, é Doutor en Comunicación e leva media vida vencellado á cultura, escribindo en revistas, webs e fanzines, formando parte do xurado de festivais, programando en cineclubes, dirixindo curtas e un documental, tocando en bandas e até publicando un libro. Na actualidade traballa en organización comarcal do BNG.

Vale, si, semella que a Panorama vai tocar no Obradoiro durante as festas da Ascensión. Non serei eu quen vaia poñerse, tras anos movéndome nas súas antípodas culturais, a defender o modelo que representa ningunha orquestra, e moito menos esa, epítome do espectáculo vacuo, limitado, de luces e artificio, de forma sen fondo e cancións sosas e/ou rancias cunha selección que poderiamos calificar de símbolo evidente da colonización cultural española e anglosaxona fronte ao galego, tanto por quen fai coñecidas as cancións, como por lingua e, históricamente, incluso por estilos musicais dende os que se basean –isto igual hoxe non é tan marcado-.

Porén, é certo que é un modelo que interesa á poboación, ou polo menos a unha grande parte da poboación, e iso é do que vai unha programación dunhas festas. Máis aínda, tratándose dun evento organizado pola CRTVG, un ente que baixo a batuta do PP non deixa de representar e moverse xusto nese mesmo ambiente de masacre de pensamento crítico que debería representar a cultura no oxímoron industria cultural. O mesmo sitio no que están as orquestras, pero no seu caso a través dunha programación descerebradae un asasinato premeditado do galego e de calquera cousa que non favoreza ao statu quo. Cuestións estas que levan protestándose xa máis de 6 anos nos venres negros.

Partindo disto, creo que é preciso preguntarnos: a polémica de onde vén? de traela. Mais tamén hai que seguir preguntándose: de onde viría a polémica se non se trouxera? de non traela. Se isto o razonamos cando é a propia CRTVG quen organiza e pon a pasta, soa sospeitoso se non será que a polémica estivese xa preparada dende a propia idea da CRTVG de decidir ofrecela. Unha trampa sen resposta correcta, vida dende os despachos máis posicionados cara o antigaleguismo de San Caetano e San Marcos, que estaría perfectamente ideada como treboada para sinalar ao concello decidise o que decidise.

O bo: que se non facemos caso de polémicas innecesarias e miramos o resto da programación, vémola moi galega, moi conectada co que se fai dende Galiza na actualidade e que bebe do noso poñéndoo no mundo ao entender o país na realidade actual para todo tipo de públicos. De Fillas de Cassandra a Lontreira, de Dios Ke Te Crew a, xa dende fóra, Billie Marten. Iso sumado aos cantos de taberna, ás actuacións de agrupacións folclóricas, á competición de drons -cousa non moi tradicional, pero si interesante-, a rueiros, pasarrúas, monicreques… Non sei, a min paréceme que se algo non se lle pode achacar a este programa é que falten cousas para facer e eventos aos que asistir para case toda persoa que queira desfrutar no canto de ir malmeter vaia un saber por que intereses ‘orquestrados’.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Para cambiar Galicia hai que ter paciencia… e o traxe de austronauta posto

En Galicia levamos anos vendo cousas que dan moita rabia: tramas urbanísticas, contratos raros,...

Despropósitos e ocorrencias!

Dende que comezou o estado das autonomías, Galiza ten transferidas as competencias en materia...

Gaza, cemiterio de xornalistas

A historia só será xenerosa coas testemuñas. En Gaza lembrarase o nome de Anas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here