InicioPOLÍTICAO Partido Popular reclama a limpeza dos espazos públicos en Vista Alegre

O Partido Popular reclama a limpeza dos espazos públicos en Vista Alegre

A concelleira Yolanda Otero denuncia a falta de mantemento na zona e a invasión da vexetación

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, expresou a súa preocupación pola situación de abandono que presenta o barrio de Vista Alegre debido á falta de mantemento nos espazos públicos. Otero asegurou que a vexetación medra sen control, invadindo áreas recreativas e de descanso que deberían estar accesibles e en boas condicións para a veciñanza.

A edil popular criticou ao goberno municipal, liderado polo BNG, asegurando que “é inexplicable a total falta de mantemento e atención dos bancos e espazos de uso público nesta zona de Compostela”. Otero afirmou que a situación reflicte a inoperatividade do goberno nacionalista, que “non é capaz de levar a cabo as súas máis elementais funcións”, e destacou que a vexetación descontrolada está afectando directamente a calidade de vida da veciñanza.

A concelleira recalcou que os veciños e veciñas teñen dereito a gozar de espazos públicos “en condicións saudables” e lembrou que o goberno municipal debe garantir que estes espazos sexan “seguros e accesibles”. Segundo ela, a biodiversidade debe estar vinculada a espazos que melloren o benestar da cidadanía, e non á súa desatención.

Otero tamén manifestou que, para o Partido Popular, a xestión pública na cidade de Santiago “existe na publicidade nacionalista” e acusou ao goberno de desleixo e pasividade. A edil concluíu que os veciños e veciñas de Santiago “non merecen esta desidia” e que o seu partido seguirá denunciando esta situación. A súa crítica tamén foi dirixida á imaxe que a cidade ofrece aos cidadáns e visitantes, destacando que imaxes de descoidado como as do barrio de Vista Alegre dan mala conta do estado real dos espazos públicos en Santiago.

ÚLTIMAS

Conxo dálle a saída ao novo circuíto CorreSan cunha participación récord

Conxo converteuse este domingo no punto de partida da edición 2025 do circuito CorreSan,...

‘Modo galego, actívao!’, recoñecido co Premio Mil Primaveras polo seu labor nos centros educativos de Ames

O proxecto 'Modo galego, actívao!', desenvolvido desde 2021 polo Concello de Ames, a Real...

Compostela ofrece un intenso fin de semana de cultura, lecer e deporte na rúa

A cidade de Santiago de Compostela vive esta fin de semana unha ampla programación...

Aitor Bouza revalida a Secretaría Xeral do PSOE compostelán e aposta por un proxecto renovado e interxeracional

O recentemente reelixido secretario xeral do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela, Aitor Bouza, agradeceu...

Aitor Bouza revalida a Secretaría Xeral do PSOE compostelán e aposta por un proxecto renovado e interxeracional

O recentemente reelixido secretario xeral do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela, Aitor Bouza, agradeceu...

O PP pide actuacións urxentes na Barciela e acusa o goberno local de abandonar o rural

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, visitou a parroquia da Barciela, onde...

Os concelleiros non adscritos de Santiago denuncian “atrasos” na inauguración da Intermodal

Os concelleiros non adscritos de Santiago, expulsados do PSOE, acudiron este venres á entrada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here