InicioPOLÍTICAO PP pide actuacións urxentes na Barciela e acusa o goberno local...

O PP pide actuacións urxentes na Barciela e acusa o goberno local de abandonar o rural

Nerea Barcia reclama melloras viarias, instalacións para o lecer e limpeza de ríos e gabias, e critica a "inacción" do executivo municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, visitou a parroquia da Barciela, onde mantivo un encontro coa asociación veciñal para recoller as súas demandas e denunciar a situación que, segundo afirmou, evidencia o “abandono do rural” por parte do goberno municipal.

Entre as principais queixas da veciñanza, Barcia destacou o mal estado do firme na pista de Benavente e no cruce co aeroporto, que carecen de asfaltado e presentan fochancas de grandes dimensións, segundo afirmou. A edil insistiu en que a situación “supón un risco para a seguridade viaria” e que algúns arranxos recentes agravaron os problemas, provocando incluso asolagamentos en vivendas durante episodios de choiva intensa.

A popular tamén fixo referencia á ausencia de beirarrúas e pasos de peóns en boa parte da parroquia, e reclamou a instalación dunha marquesiña para o transporte escolar, que permita ao alumnado do CEIP e do IES agardar o autobús “en condicións dignas e seguras”.

Barcia apostou tamén por dotar a zona de infraestruturas de lecer, como parques infantís e espazos biosaudables, que permitan “compartir espazos interxeracionais e alternativos á tecnoloxía”. A súa proposta pasa por impulsar un proxecto consensuado coa veciñanza, algo que, asegura, “non forma parte da axenda do actual goberno local”.

A concelleira criticou, ademais, a falta de mantemento das gabias e das ribeiras dos ríos, cuestión que, ao seu ver, agrava os problemas de drenaxe e xera riscos ambientais. “É evidente que levamos dous anos cun goberno que non fixo nada polo rural”, sinalou, engadindo que a resposta habitual ante estas demandas segue a ser a mesma: “non hai cartos”.

“Os veciños quéixanse, pero non reciben nin respostas nin solucións”, lamentou Barcia, quen lembrou que o PP leva tempo trasladando estas peticións, sen que se materialicen en actuacións concretas. Tamén acusou o executivo municipal de non cumprir os compromisos adquiridos coas parroquias, a pesar de ter declarado en campaña que o rural sería unha prioridade.

A concelleira concluíu afirmando que “a falta de limpeza, tanto no centro urbano como nas parroquias, converteuse nun problema estrutural que o goberno actual non está a abordar“. Para Barcia, esta situación “pon de manifesto que, para os nacionalistas, o rural non existe“.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here