InicioOPINIÓNO inimigo está na casa

OPINIÓN

O inimigo está na casa

Publicado o

Por José Luis Calo
José Luis Calo
José Luis Calo
Coordinador de UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) en Galicia e candidato en 2023 á alcaldía do Concello de Ames

Hoxe levantámonos con esta noticia: O prezo da luz dispárase un 450% despois do
apagamento.

A palabra angustia está emparentada co latín «angustus», o idioma da antiga Roma tan recorrido polo Presidente do Goberno. O sentimento de angustia vivido este luns grazas aos acontecementos que se escaparon á rutina ou do cotiá do noso día a día, polo “apagamento en España”, forzou a comparecencia do presidente Pedro Sánchez, onde apuntou cara aos «operadores privados» a súa culpabilidade. No seu discurso, Sánchez non excluíu explicitamente a Rede Eléctrica de España do grupo de “operadores privados”, a pesar de que esta empresa ten unha participación estatal do 20 % a través da SEPI e a súa presidencia está en mans dunha exministra socialista, Beatriz Corredor. As compañías eléctricas no noso país está nas mans de exministros, os cales utilizan a chamada “porta xiratoria”, onde altos cargos políticos acaban ocupando postos en empresas do sector enerxético, a miúdo eléctricas. O feito que une a políticos de dereitas, esquerdas e nacionalistas é a súa afección a reengancharse nestas empresas tras deixar o cargo, contando con exemplos como Antonio Hernández, Ángel Acebes, José María Aznar, Isabel Tocino, Josep Borrell… A lista de acoplados segue crecendo mentres que a factura eléctrica dispárase. Algo que estamos a aprender é que os partidos políticos, en España, actúan como
“cárteles mafiosos”.

Vivimos baixo o mandato caciquil político, os oligarcas políticos repártense o país por áreas de influencia. Cada oligarca goza do seu correspondente feudo, quen a miúdo utilizaban a súa riqueza para influír na política e nas decisións gubernamentais. En Europa, a Comisión Europea, pola súa banda, instou ao Goberno español a ofrecer unha explicación clara e técnica sobre o apagamento, subliñando que a confianza nos sistemas enerxéticos dos países membros é esencial para a estabilidade do mercado europeo. O que temos que ter claro, é que a medida que se van desenvolvendo os acontecementos, este desastre sempre págano os mesmos, os cidadáns. “Ante a miña humilde opinión, os únicos responsables son: o Estado español e a Rede Eléctrica”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here