InicioOPINIÓNPor que non nos din a verdade?

OPINIÓN

Por que non nos din a verdade?

Publicado o

Por José Luis Calo
José Luis Calo
José Luis Calo
Coordinador de UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) en Galicia e candidato en 2023 á alcaldía do Concello de Ames

A mentira é unha práctica que tradicionalmente está relacionada coa profesión política. Neste mundo faltan líderes que sexan capaces de manter as súas conviccións e non se deixen levar por ideoloxías ou intereses. Os dirixentes políticos, en particular, eran máis sinceros no pasado ca os actuais, que aparecen como «mentireiros compulsivos». Hoxe vemos como moitos deles se inventan argumentos cos que se pretende defender ou persuadir o que é falso. Nunca chegarei a entender eses políticos que actúan sen ningún tipo de escrúpulo, talvez deberiamos lembrarlles as palabras de William Shakespeare: “Non hai legado máis valioso ca a honestidade”. Seguen na nube do «acoso e derrubo», cun PSOE que amosa a súa ineptitude e está inmerso nunha corrupción continua, sumada a unha dereita rancia baixo un disfraz de progreso, que nos están levando a un Estado carente de credibilidade ante a cidadanía, marcado pola apoteose do cinismo, o que nos traslada á idea arrepiante de abrazar o caos. Onte vivimos novamente un novo escándalo no Congreso: Debate democrático ou circo romano? «Neste mundo as armas nucleares non son un problema do pasado, senón unha ameaza presente». Esta reflexión poderiámola trasladar á política actual que goberna o noso país. Estamos vivindo situacións de conflito e corrupción continua que nos levan a unha mala política, e como se empeñan os políticos en insistir niso, para unha sociedade teoricamente moderna. Levamos anos nos que a maioría social quere cambiar o estado actual das cousas, con todo moitos resístense a deixar de votar o mesmo. Por iso temos que apostar por amplas reformas políticas e económicas que nos permitan resolver o problema político e, con iso, eliminar sen complexos a corrupción instaurada, un traballo arduo, pero se tomamos a decisión do cambio deixaremos de depender dunha corrupción fondamente enraizada nas estruturas da nosa sociedade.

ÚLTIMAS

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto...

Santiago de Compostela baixo risco: Marlaska ignora a súa policía

¡Increíble! Hai dous meses, un incendio inutilizou parte da comisaría de Santiago. E aínda nada...

As subvencións ao cine

O algoritmo que dirixe o mundo fixo que eu tivera que ver unha mensaxe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here