InicioOPINIÓNO IGE baixo o control de Rueda despois dos datos negativos sobre...

OPINIÓN

O IGE baixo o control de Rueda despois dos datos negativos sobre a situación do Galego

Publicado o

Por David Marante Manteiga
David Marante Manteiga
David Marante Manteiga
Graduado en Maxisterio, conta cun mestrado en Psicoloxía aplicada e é cuasi graduado en Educación Social. Busca afondar nos seus intereses como son o son a cultura, a comunicación e a creación de contidos.

O instituto Galego de Estatística, situado en Santiago de Compostela, é o encargado do estudo da realidade da poboación galega. O ano pasado esta institución presentou un informe sobre a situación do galego, mostrando uns datos desalentadores, o primeiro no que a xuventude castelanfalante supera á galegofalante. Estes datos levantaron unha grande indignación entre a xente, atacando ás políticas lingüísticas da Xunta consideradas como insuficientes e inútiles.

A raíz desta situación, o presidente Alfonso Rueda decidiu pedir outro estudo a unha organización privada dependente de La Voz de Galicia, coa intención de ter uns datos máis positivos e calmar as protestas. Pero isto non ía ser a única acción que o presidente de Galicia tomaría ante esta situación, se non que decidiu tomar medidas que afectarían directamente á organización do IGE.

O pasado 10 de Marzo publicouse no DOG a modificación do Decreto 135/2024 de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. Nesta modificación o presidente adscribe ao IGE dentro os órganos que son dependentes da presidencia, facendo que un instituto que ata o momento tivo un carácter imparcial pese a ser vixiado e dependente do presidente. Ademais nesta mesma modificación créase a Subdirección Xeral de Coordinación, Estudos e Seguimento; que fará de intermediaria entre a presidencia e o IGE, tendo entre as súas funcións o apoio técnico á Oficina de Coordinación Económica da Presidencia, así como a realización de informes ou o seguimento de actuacións que esta mesma oficina lle pida.

En conxunto con todo isto tamén se aprobará unha licitación para que as empresas tecnolóxicas poidan ofrecer os seus servizos á Xunta, centralizando, xestionando e explotando os datos dos que esta dispón. Con isto dáse unha privatización da xestión dos datos, o que se xustifica como unha vía para poder tomar mellores decisións políticas.

Estas accións por parte do presidente permiten observar un modus operandi parecido ao que está a acontecer coa TVG, creando políticas para reforzar o control político de institucións públicas, quedando visiblemente baixo o seu dominio.

ÚLTIMAS

O pleno de Santiago rexeita pagar case tres millóns de euros en facturas de transporte urbano

O Concello de Santiago de Compostela volveu atoparse cun bloqueo no pagamento de servizos...

O Millarock reforza a súa aposta polo rock galego e a inclusión social no Milladoiro

O Milladoiro volverá converterse nun epicentro do rock galego o 1 de agosto coa...

Ategal clausura o curso das súas aulas sénior cun coloquio sobre voluntariado e envellecemento activo

As Aulas Sénior da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) puxeron...

Unanimidade no pleno de Santiago para a “continuidade” do Máster en Matemáticas da USC

A corporación de Santiago de Compostela pediu este xoves de forma unánime --co apoio...

Por que unha “cuarta vía” en Galicia?

Marx escribiu que a historia se repite dúas veces, primeiro como traxedia e logo...

Gobernar “con sentidiño”

O Partido Popular de Galicia, leva gobernando a Comunidade Autónoma, 16 anos. Considero que...

León XIV: Avance, retroceso ou continuidade?

Robert Prevost, agora León XIV, será o Sumo Pontífice que dirixa os destinos da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here