InicioOPINIÓNComparar para aprender

OPINIÓN

Comparar para aprender

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

Terceira entrega de artigos adicados a comparar o que sucede na Galiza en diferentes ámbitos da vida das persoas, que nos permiten unha calidade de vida aceptable…ou non. Responderemos a por qué no soso País temos peores servizos que noutros lugares do estado español e que pola irresponsabilidade dos nosos gobernantes, non cumprimos coas expectativas que debería ter unha persoa pertencente a Unión Europea (o que equivale a dicir “do primeiro mundo”, pero que en múltiples aspectos, somos do terceiro mundo).
Por que o orzamento para vivenda da Xunta son 72 millóns menos que no 2009 (si se ten en conta a inflación). Son 221 millóns de euros e agora, anuncian que se creará a Sociedade de Vivenda Pública (a boas horas…). Qué vai pasar coas 18.000 persoas que están no rexistro de demandantes de vivenda na Galiza?

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, os galegos, temos a segunda pior Calidade de Vida do estado. O valora o Indicador Multidimensional da Calidade de Vida (2023); dinos que Galiza ten 99,67 puntos, so por diante de Canarias que ten 98,96, estando a media do estado en 101,54; o primeiro lugar é para Nafarroa con 105,29. Estamos por baixo en aspectos como: traballo, saúde, lecer e relacións sociais, así como en gobernanza e en dereitos básicos. A explicación: pregúntarémoslle o PP!

A desigualdade e a pobreza dunha zoa, según o informe da Fundación Areces “Distribución geográfica de la renta de los hogares en España: prosperidad, desigualdad y pobreza”, dinos que os habitantes do País Vasco teñen o dobre de oportunidades de renda que os de Extremadura e un 30% máis cos galegos (somos o séptimo territorio con menos oportunidades de renda).

A Fundación das Caixas de Aforro (nada sospeitosa de “izquierdosa”), dinos que o PIB no estado para este ano 2024, será do 3%, medio punto máis que na Galiza (2,4%). A causa?… En canto o PIB per cápita, que é o mellor índicador da Calidade de Vida, na Galiza en 2022, foi de 25.906 €, frente aos 30.970 € do PIB per cápita de media no estado…

Si unha sociedade inviste en I+D+I, repercute positivamente na súa economía. Pois ben, o Instituto Galego de Estatística, dinos que o gasto galego baixou a 1,06% do PIB en 2022 (unha décima MENOS que no 2021 e 0.4 MENOS que no 2020). A media do estado, está en 1,44%. Na Unión Europea, está no 2,26%. Temos algunha explicación razoable máis que o deslexo de quen nos goberna?

Por que temos os impostos ás rendas máis altas, máis baixos do estado español? A vontade política do goberno de turno, obriga a pagar máis ou menos polos servizos que recibimos. Na Galiza, as rendas máis baixas, soportan unha presión fiscal moi superior ás da media estatal. A política fiscal, define a quen goberna, e é incomprensible que os que máis teñen, paguen menos que os que menos teñen. Ísto acontece na Galiza grazas aos beneficios que os gobernos do PP lle dan os máis ricos. O IVE e o IRPF son os dous impostos principais do Sistema Fiscal. Evidentemente si se actua sobre eles, a recaudación vese modificada, co cal os servizos públicos que se prestan serán inferiores a lugares onde a recaudación sexa maior. Acaso non é evidente que o sr. Rueda gasta menos en sanidade que outras CCAA. Ou en educación? Sabemos o porque? E saben os seus botantes, que ó darlle o voto a este tipo de políticas, perdemos todos!

Na Galiza, 688.000 persoas estan en risco de exclusión social (25,5% da poboación no 2023). Representan un 2,4% máis que no 2015. O dí, “O estado da Pobreza”, informe elaborado pola Rede Europea de Loita contra a pobreza e a exclusión social. O 55% das persoas, teñen “carencias materiais e sociais severas”.

A taxa de “pobreza laboral” en Galiza é do 11,1%, moi lonxe de Nafarroa: 6,3% e Euskadi 6,6% aínda que é, 2,6% por baixo da media do estado (13,7%). Ísto no lo dí o informe “Pobreza laboral, cando traballar non é suficiente para chegar a fin de mes”, presentado por OXFAM INTERMÓN. Que a pobreza laboral afecte a unha de cada dez persoas “traballadoras” é tremendo para unha Galiza que quere pertencer o primeiro mundo.

Un gobernante que vexa estas cifras no seu bagaxe, ten que terse en moi baixa estima para manterse no poder. Entre todos, temos que conseguir parar este desmoronamento político, social e económico.

ÚLTIMAS

Podería acontecer en Santiago o que acontece en Madrid se continúa a proliferación de pisos turísticos?

En España, en tan só unhas décadas, pasouse de facer grandes campañas de marketing...

Podería acontecer en Santiago o que acontece en Barcelona se continúa a proliferación masiva de pisos turísticos?

En España, en tan só unhas décadas, pasouse de facer grandes campañas de marketing...

(Vídeo) Un camión encáixase contra unha casa tras unha saída de vía na Sionlla

Un camión encaixouse este domingo contra unha edificación na Sionlla, en Santiago, mentres circulaba...

Atopan un proxectil tras sufocar un incendio no piso superior dunha vivenda na rúa Agra da Garrida

Os Bombeiros de Santiago interviñeron durante a madrugada deste domingo nun incendio que calcinou o piso...

Quem foi o primeiro ventríloquo da história?

Há dois famosos conhecidos na Espanha, como Mari Carmen com Da Rogelia e José...

Adeus e grazas

Redacto as derradeiras liñas para Xornal de Compostela. Xa fóra. Xa exento das normas....

A viaxe: entre o soño romántico e a realidade capitalista

Estamos a vivir un apoxeo da viaxe como medio para acadar a plenitude, as...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here