InicioMOV. SOCIAISTraballadores do estudio Beatriz Seijo aseguran que a empresa non aceptou ningunha...

Traballadores do estudio Beatriz Seijo aseguran que a empresa non aceptou ningunha das reivindicacións

A concentración desta mañá en Santiago visibiliza as súas reivindicacións e o rexeitamento da empresa ás súas demandas

Publicado o

Xornal de Compostela

Tras 20 días de folga, as traballadoras e traballadores da empresa Beatriz Seijo SL mantéñense firmes nas súas demandas e agradecen o apoio recibido para sufragar a caixa de resistencia que lles permite continuar coa súa loita. Durante a concentración celebrada na mañá deste martes en Santa Marta leron un comunicado no que denuncian a postura da empresa, que consideran un desprezo á súa profesionalidade e unha “burla” á súa situación persoal.

O colectivo explicou que, tras unha semana sen respostas, recibiron unha contestación formal da dirección, representada por Bea e Bruno, e o seu asesor legal Óscar Rodríguez Mallo do Grupo Fisela, rexeitando todas as demandas presentadas o pasado 23 de setembro. As traballadoras interpretan esta resposta como unha estratexia para “vencelas por esgotamento” e indicaron que a empresa mantén unha postura de autoritarismo, negándose a negociar compromisos adquiridos anteriormente.

Entre as reivindicacións do comité de folga destacan a readmisión dunha traballadora despedida, o fin da relación laboral como falsa autónoma, unha suba salarial para equiparar o salario mínimo a condicións dignas, e a corrección das datas de alta das traballadoras fixas discontinuas. Tamén demandan reunións periódicas e a redución de ratios en aulas de cerámica, onde aseguran que os recursos e espazos son insuficientes.

As negociacións están rotas segundo o comité de folga, que asegurou que continuarán coas súas accións reivindicativas durante o mes de outubro. O apoio recibido durante estas tres semanas de mobilización foi clave, e as traballadoras expresaron o seu agradecemento ás persoas e colectivos que lles están a acompañar na súa loita: “Grazas por tanto!”.

ÚLTIMAS

Maite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se gaña as eleccións do día 11

A catedrática de Óptica e candidata á Reitoría da USC, Maite Flores, anunciou que...

Santiago conmemora o 8M cunha campaña centrada en Begoña Camaño e actividades participativas en toda a cidade

O Concello de Santiago presentou este martes o programa de actividades co gallo do...

Borja Verea acusa a Goretti Sanmartín de “enfadarse por gañar” e pídelle que vote a favor da concesión da auga

O portavoz do Partido Popular no Concello de Santiago, Borja Verea, cargou este luns...

Marta Abal reclama desbloquear a concesión do servizo de auga en Santiago ante unha rede “crítica e insostible”

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu este martes en...

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denuncia o “bloqueo” ao cambio de nome do centro: “Ignoraron dous anos de diálogo”

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denunciou o “bloqueo” por parte do pleno do Concello...

Milleiros de persoas percorren Santiago para reclamar máis recursos e menos ratios no ensino público

A Alameda de Santiago foi este sábado o punto de partida dunha mobilización convocada...

Erguer critica a presenza da Garda Civil e da Policía Nacional nun acto na Facultade de Dereito da USC

A organización estudantil Erguer fixo público este sábado un vídeo nas súas redes sociais...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here