InicioSANTIAGOMaite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se...

Maite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se gaña as eleccións do día 11

A candidata á Reitoría anuncia unha nova estrutura profesionalizada para liderar a modernización administrativa da Universidade de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A catedrática de Óptica e candidata á Reitoría da USC, Maite Flores, anunciou que proporá ao Consello Social o nomeamento de Xosé Antón Freire Ramos como novo xerente da institución no caso de resultar elixida nas eleccións previstas para o día 11.

A aspirante avanzou esta decisión nun comunicado no que explicou que, de obter o apoio maioritario da comunidade universitaria, impulsará unha nova estrutura xerencial de carácter profesional e estratéxico coa finalidade de liderar o proceso de modernización administrativa da universidade compostelá.

TRAXECTORIA VINCULADA Á USC E Á ADMINISTRACIÓN LOCAL

Xosé Antón Freire é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía) pola propia USC e conta cun Diploma en Estudos Avanzados de Psicoloxía Social, un Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria e un Diploma de Persoal Directivo Profesional.

Ao longo da súa carreira desenvolveu diferentes responsabilidades dentro da universidade, entre elas as de vicexerente do Campus de Lugo e da Área Económica entre 2007 e 2010, vicexerente de Economía e Infraestruturas entre 2018 e 2022 e director da Área de Xestión da Investigación entre 2022 e 2023.

Desde 2023 ocupa un posto directivo no Concello de Santiago, ligado á coordinación e á modernización da administración local.

Maite Flores sinalou que o perfil de Freire responde ao modelo que considera axeitado para asumir a xerencia. “Eu sempre dixen que, para min, o perfil ideal para ocupar a xerencia era unha persoa cunha visión externa, pero cun profundo coñecemento da casa e penso que non hai mellor perfil que o de Xosé Antón para cumprir ambas as dúas cualidades”, afirmou.

A candidata destacou tamén que “a súa traxectoria tanto dentro da USC como na Administración Local e o seu talante moderado e dialogante son a súa mellor tarxeta de presentación”.

Flores anunciou igualmente que se integrará na nova estrutura xerencial José Ramón Basante Barbazán, traballador da USC que desde abril do pasado ano exerce como xefe do Servizo de Orzamentación e Planificación na Área de Xestión Económica.

Basante é graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos, diplomado en Relacións Laborais e conta coa titulación de técnico especialista en informática de xestión.

“A ambos os dous agradézolles o xesto valente de dar un paso á fronte neste momento, demostrando o seu compromiso coa USC e a confianza en que é posible un cambio para imprimirlle aires novos”, subliñou Flores. Engadiu que a súa incorporación responde á vontade de avanzar “na transformación dixital, por fortalecer as alianzas no conxunto do ecosistema de universidades públicas e pola introducción da perspectiva da innovación en todos os procedementos”.

Segundo explicou a candidata, a futura estrutura xerencial configurariase como un órgano directivo profesional encargado de impulsar unha xestión dixital, simplificada e baseada en datos, co obxectivo de garantir a eficiencia administrativa, a seguridade xurídica e a excelencia no servizo á comunidade universitaria.

“A nova estrutura xerencial vaise configurar como un órgano directivo profesional e estratéxico, que vai liderar a modernización administrativa da USC para que volva ser un referente”, afirmou, destacando que o modelo proposto aposta por unha gobernanza “transparente, dialogante, colaborativa e orientada a resultados”.

A proposta deberá ser elevada ao Consello Social no caso de que Maite Flores resulte elixida reitora nas votacións convocadas para o día 11.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

A xuíza de Angrois apoia o indulto total da pena de prisión ao maquinista do Alvia

A maxistrada encargada da execución da sentenza polo accidente ferroviario de Angrois de xullo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here