InicioMOV. SOCIAISXubilados e pensionistas maniféstanse en Santiago para reivindicar a defensa do sistema...

Xubilados e pensionistas maniféstanse en Santiago para reivindicar a defensa do sistema público de pensións

A concentración, convocada pola UXP de UGT-Galicia, terá lugar o 1 de outubro con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores

Publicado o

Xornal de Compostela

Mañá, 1 de outubro, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores, a Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT-Galicia (UXP) organiza unha concentración ás 12:00 horas na Praza de Praterías, en Santiago de Compostela. A manifestación continuará ata a Praza do Toural, onde se dará lectura a un manifesto no que o colectivo fará públicas as súas demandas.

A principal reivindicación será a defensa do sistema público de pensións, considerado esencial para garantir unha vida digna ás persoas maiores, especialmente nun contexto de envellecemento poboacional. A UXP insta a reforzar o Pacto de Toledo e a implementar medidas como a loita contra a fraude, o aumento dos ingresos do sistema e unha fiscalidade progresiva. Tamén propoñen auditar as contas da Seguridade Social.

Outra das demandas centrais será a loita contra a pobreza e a desigualdade, que afecta de maneira especialmente grave ás persoas maiores. Solicitan o incremento das pensións mínimas e non contributivas, e a posta en marcha de programas de apoio a maiores en situación vulnerable, así como a inclusión financeira e dixital.

En canto á dependencia, a UXP denuncia o chamado “limbo da dependencia” e reclama unha mellora na xestión e financiamento do sistema. Piden reducir os tempos de espera para as valoracións, aumentar o investimento en servizos de atención domiciliaria e centros asistenciais, e mellorar a coordinación entre servizos sociais e sanitarios.

A defensa do sistema público de saúde tamén será un dos puntos claves da protesta. As esixencias inclúen a redución das listas de espera, a mellora da atención primaria, o aumento da atención xeriátrica especializada e o fomento da medicina preventiva e o envellecemento activo.

Finalmente, a UXP demanda unha loita decidida contra o idadismo, fomentando o respecto e a valoración das persoas maiores como activos da sociedade. Instan á creación dunha Lei de dereitos das persoas maiores que garanta a súa autonomía, participación social e o acceso a servizos de saúde e coidados adecuados.

ÚLTIMAS

Decenas de persoas arroupan a Leonor ao recibir a Medalla de Galicia

A princesa de Asturias, Leonor de Borbón, recibiu este luns a Medalla de Galicia...

O goberno local aproba o alleamento de catro parcelas destinadas a vivenda protexida: nas Cancelas, na Muíña e en Traspaxonal

A xunta de goberno acordou o alleamento, mediante concurso cun procedemento aberto, de catro...

Caída estrepitosa de pasaxeiros en Lavacolla: perde máis de 200.000 no primeiro semestre do ano

O aeroporto de Santiago rexistrou unha perda de máis de 200.000 pasaxeiros (-13,5 %)...

Cine ao aire libre na Alameda: unha semana de lembranzas, comunidade e mocidade baixo as estrelas

Baixo as estrelas de Compostela, e agradecidos por unha noite sen choiva, moitísimas persoas,...

Galiza Nova protestará este vindeiro luns contra a Medalla de Ouro de Galicia da Xunta á princesa Leonor

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, protestará este luns, 14 de xullo, en Santiago...

Sumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a crise de vivenda

A chegada de xullo marcou, un ano máis, o inicio dunha das etapas máis...

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here