InicioECONOMÍAUnha vintena de avogados afectados pola mutualidade protestan ante un acto de...

Unha vintena de avogados afectados pola mutualidade protestan ante un acto de Elma Saiz na cidade

Precisamente, uns 10.000 profesionais da xudicatura, incluídos profesionais chegados de Galicia, manifestáronse o pasado sábado polas rúas de Madrid para pedir unha pasarela ao Réxime Especial de Autónomos (RETA) "xusta" que garanta unhas "pensións dignas" para o colectivo.

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha vintena de avogados afectados pola mutualidade protestaron ante un acto da ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, celebrado en Santiago. Os manifestantes concentráronse nos soportais da compostelá Rúa do Vilar, enfronte da sede de Afundación, con carteis nos que se podía ler: ‘Avogados mutualistas por unha xubilación digna. Esiximos pasarela ao RETA’; ‘Xustiza’ e ‘RETA xa!’, entre outros. Así, un amplo dispositivo policial cortou o paso de traseúntes durante uns minutos nesta rúa ata a chegada de Elma Saiz, que foi recibida con berros de ‘Ministra, corrupción’.

Precisamente, uns 10.000 profesionais da xudicatura, incluídos profesionais chegados de Galicia, manifestáronse o pasado sábado polas rúas de Madrid para pedir unha pasarela ao Réxime Especial de Autónomos (RETA) “xusta” que garanta unhas “pensións dignas” para o colectivo. Piden que o Ministerio encabezado por Elma Saiz lles teña en conta para negociar que pasará coas cotas que foron destinando estes profesionais ao Fondo Acumulado unha vez se complete o prazo para que todos os mutualistas pasen ao RETA, que o Goberno fixou en 2027.

ÚLTIMAS

A illa de compostaxe do CIFP de Compostela culmina con éxito a súa primeira fase de funcionamento

A illa de compostaxe do Centro Integrado de Formación Profesional de Compostela xa tratou...

O CSIC crea un laboratorio pioneiro en Santiago para estudar a relación ancestral entre humanos e plantas

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) avanza no seu proxecto 'PLANTCRAFT', que busca...

O persoal da limpeza do CHUS mobilízase contra Ilunion por vulnerar o contrato público

Decenas de traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Clínico e Gil Casares de...

O empresario detido en Santiago está vinculado a unha rede de fraude na venda de bebidas alcohólicas

O empresario que foi detido pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil o...

Galiza Nova protestará este vindeiro luns contra a Medalla de Ouro de Galicia da Xunta á princesa Leonor

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, protestará este luns, 14 de xullo, en Santiago...

Sumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a crise de vivenda

A chegada de xullo marcou, un ano máis, o inicio dunha das etapas máis...

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia...