InicioMOV. SOCIAISO Consello da Cultura Galega organiza un faladoiro sobre o conflito de...

O Consello da Cultura Galega organiza un faladoiro sobre o conflito de Israel e Palestina

Josep Gisbert e Juan Manuel Trillo Santamaría reflexionarán sobre a paz no ciclo 'Pensarmos'

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro xoves, 26 de setembro, o Consello da Cultura Galega celebra unha nova sesión do ciclo “Pensarmos”, que nesta ocasión abordará o tema O conflito Israel/Palestina: é posible a paz?. O encontro terá lugar ás 18:00 horas no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela e contará coa participación do xornalista catalán Josep Gisbert e do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Juan Manuel Trillo Santamaría.

O evento, organizado pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, estará coordinado por Celia Pereira Porto. Segundo anunciou a organización, debido a motivos persoais, o escritor Francisco X. Fernández Naval non poderá participar como moderador, sendo substituído por outro membro da Sección.

O faladoiro enmárcase no ciclo ‘Pensarmos’, un espazo de reflexión e diálogo no que, ao longo das súas distintas sesións, participaron relevantes figuras do pensamento e da cultura tanto galega como internacional. Neste contexto, os relatores Josep Gisbert e Juan Manuel Trillo analizarán un dos conflitos máis complexos da actualidade, abordando as súas implicacións e as posibles vías cara á paz.

O xornalista Josep Gisbert, con ampla experiencia en medios como La Vanguardia e experto en política catalana, ten demostrado un profundo interese polo conflito árabe-israelí, sobre o que ten escrito en varias ocasións. Pola súa banda, o profesor Juan Manuel Trillo Santamaría, da USC, achegará unha visión desde os estudos fronteirizos, unha das súas principais liñas de investigación.

O ciclo ‘Pensarmos’, que xa contou con figuras como Javier Echeverría, Remedios Zafra ou Belén Gopegui, continuará explorando temas de gran relevancia social e cultural nas súas próximas edicións.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here