InicioMOV. SOCIAISO Foro Cívico insta a actuar ante a problemática da vivenda e...

O Foro Cívico insta a actuar ante a problemática da vivenda e mobilidade en Santiago

O colectivo reclama solucións inmediatas e propón medidas urbanísticas e de transporte público

Publicado o

Xornal de Compostela

O Foro Cívico de Compostela, composto por diversas entidades e colectivos profesionais da cidade, mantivo unha xuntanza onte para analizar os principais retos que afectan a Santiago de Compostela, centrando o debate na problemática da vivenda e na mobilidade. O colectivo urxe que se adopten medidas inmediatas para mellorar ambas cuestións e evitar un empeoramento da calidade de vida na capital galega.

Segundo o portavoz do Foro, José Carlos García Cumplido, a situación da vivenda en Santiago é crítica, cun aumento da poboación e do turismo que non foi acompañado pola construción de novas vivendas. “É tempo de facer”, afirmou, sinalando que a falta de oferta encarece os prezos. Para resolver esta situación, o Foro propón habilitar solo viable a curto prazo para a construción, lembrando actuacións públicas exitosas como a de Fontiñas nos anos 80. O obxectivo, explicou García Cumplido, é evitar a migración de habitantes cara a municipios máis accesibles.

No tocante á mobilidade, o Foro destacou que a área metropolitana de Santiago debe dar servizo a unhas 165.000 persoas, tanto do núcleo urbano como dos concellos limítrofes. Reclaman unha modernización do transporte público en termos de frecuencia, itinerarios e vehículos para responder á demanda crecente de desprazamentos. Ademais, subliñaron a importancia de revisar o número de taxis dispoñibles e o horario de prestación do servizo na cidade.

Os membros do Foro coinciden en que é necesario pasar á acción para garantir unha Santiago de Compostela máis accesible e habitable para todos os seus cidadáns.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here