InicioMOV. SOCIAISAs traballadoras do estudio Beatriz Seijo continúan en folga indefinida por melloras...

As traballadoras do estudio Beatriz Seijo continúan en folga indefinida por melloras laborais

O comité de folga denuncia a falta de avances nas negociacións e anuncia novas mobilizacións e accións reivindicativas

Publicado o

Xornal de Compostela

As traballadoras dun centro de ensinanzas artísticas situado en Santa Marta, Santiago de Compostela, iniciaron unha folga indefinida para esixir o respecto aos seus dereitos laborais e melloras nas súas condicións de traballo. Nun comunicado emitido ao final dunha concentración celebrada esta semana, a delegada sindical da CIG agradeceu o apoio recibido por parte do alumnado e das súas familias, subliñando que esta protesta responde tamén ás necesidades dos usuarios, que sofren unhas ratios excesivas e a ausencia dun plan de seguridade específico.

Entre as demandas principais das traballadoras figuran a readmisión dunha compañeira despedida cunha relación laboral de falsa autónoma, a equiparación salarial, o cumprimento do convenio laboral en aspectos como o calendario, rexistro horario e compensación de horas extras, así como a regularización das categorías profesionais e da antigüidade.

O comité de folga denunciou que, malia os varios meses de conflitos e intentos de negociación, a empresa só respondeu con desaires e falta de respecto. Aseguran que, a pesar dun achegamento verbal por parte dos responsables da empresa, as cuestións clave continúan sen resolverse.

NOVAS MOBILIZACIÓNS

Ademais de continuar coa folga indefinida, as traballadoras anunciaron máis accións de protesta. Este xoves, 12 de setembro, ás 17:00 horas, organizarán unha aula aberta reivindicativa fronte ao centro de traballo en Santa Marta, na que combinarán a ensinanza artística coa exposición da súa situación laboral. O martes, 17 de setembro, realizarán outra concentración ás 12:00 horas, seguida doutra aula aberta á tarde, ás 17:00 horas.

O comité destaca que, malia o esforzo económico que supón para o persoal, continuarán adiante coas súas reclamacións ata que se respecten os seus dereitos laborais.

ÚLTIMAS

Maite Flores propón a Xosé Antón Freire como xerente da USC se gaña as eleccións do día 11

A catedrática de Óptica e candidata á Reitoría da USC, Maite Flores, anunciou que...

Santiago conmemora o 8M cunha campaña centrada en Begoña Camaño e actividades participativas en toda a cidade

O Concello de Santiago presentou este martes o programa de actividades co gallo do...

Borja Verea acusa a Goretti Sanmartín de “enfadarse por gañar” e pídelle que vote a favor da concesión da auga

O portavoz do Partido Popular no Concello de Santiago, Borja Verea, cargou este luns...

Marta Abal reclama desbloquear a concesión do servizo de auga en Santiago ante unha rede “crítica e insostible”

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu este martes en...

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denuncia o “bloqueo” ao cambio de nome do centro: “Ignoraron dous anos de diálogo”

A ANPA do CEIP Santiago Apóstol denunciou o “bloqueo” por parte do pleno do Concello...

Milleiros de persoas percorren Santiago para reclamar máis recursos e menos ratios no ensino público

A Alameda de Santiago foi este sábado o punto de partida dunha mobilización convocada...

Erguer critica a presenza da Garda Civil e da Policía Nacional nun acto na Facultade de Dereito da USC

A organización estudantil Erguer fixo público este sábado un vídeo nas súas redes sociais...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here