InicioMOV. SOCIAISO persoal mutualista de Compostela verá reducida a atención presencial de MUFACE

O persoal mutualista de Compostela verá reducida a atención presencial de MUFACE

A oficina de Santiago só abrirá dous días á semana, obrigando ao persoal a desprazarse á Coruña ou realizar xestións en liña

Publicado o

Xornal de Compostela

O persoal mutualista da área de Compostela, formado maioritariamente por docentes, recibiu onte unha notificación de MUFACE informando de cambios na atención presencial na oficina de Santiago. A partir do luns, 16 de setembro, a oficina só estará operativa os luns e xoves laborais en horario de 9 a 14 horas. O resto da semana, as persoas usuarias deberán realizar as súas xestións a través da páxina web ou desprazarse á oficina da Coruña.

Ademais, no correo enviado por MUFACE explícase que, en caso de precisar receitas con visado, estas poderán ser enviadas por correo postal ao Servizo Provincial da Coruña, desde onde se devolverán do mesmo modo.

Desde o sindicato CIG-Ensino denuncian o que consideran un desmantelamento do servizo presencial de MUFACE en Santiago, un servizo que atende tanto a docentes en activo como a pensionistas, independentemente de que estes se acollan á prestación sanitaria pública do SERGAS ou a entidades privadas.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here