InicioMOV. SOCIAISUnións Agrarias ameaza con mobilizacións en Santiago se non se abordan medidas...

Unións Agrarias ameaza con mobilizacións en Santiago se non se abordan medidas contra a enfermidade hemorrágica epizoótica

A organización alerta dunha "situación límite" para as explotacións de vacún de Galicia se non se concretan solucións antes do 20 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A organización Unións Agrarias advertiu que convocará mobilizacións en Santiago de Compostela o próximo 20 de setembro se non se concretan medidas urxentes para controlar a enfermidade hemorrágica epizoótica (EHE), que está a causar unha “situación límite” nas explotacións de vacún de carne e leite de Galicia.

UUAA recordou que o 8 de setembro remata a prórroga que permite o movemento de animais sen vacinar contra a doenza da lingua azul, o que bloqueará aquelas explotacións afectadas pola EHE que non poidan vacinar. Este bloqueo pode causar perdas significativas nas granxas, segundo indicou a organización.

A asociación denunciou a “falta de protocolos claros” por parte da Consellería do Medio Rural na xestión da EHE, así como a inacción tanto da Xunta de Galicia como do Ministerio de Agricultura á hora de publicar as axudas necesarias para as comarcas gandeiras afectadas. UUAA demanda unha actualización das indemnizacións para cubrir os custos de tratamento, desinfección e as perdas económicas derivadas da enfermidade.

Pola súa parte, a Asociación Agraria de Galicia (Asaga) destacou que as vacinas son a “única ferramenta eficaz” contra a EHE e outras doenzas como a lingua azul, e considerou prioritaria a vacinación nas zonas máis afectadas, como Galicia, León, Asturias e Cantabria.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Máis de mil sinaturas piden retirar o nome de Juan Carlos I dunha avenida de Santiago e substituílo polo de Gaza

A avenida Juan Carlos I de Santiago de Compostela podería abrir un novo debate...

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...