InicioMOV. SOCIAISA Asemblea Aberta por Palestina permanece na casa da Balconada da USC

A Asemblea Aberta por Palestina permanece na casa da Balconada da USC

A Asemblea denuncia que a USC "segue negándose a dialogar"

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Segundo informaron nesta mañá aos medios de comunicación, a Asemblea Aberta por Palestina, que participara a pasada semana nun encerro no Pazo de San Xerome e na Facultade de Xeografía e Historia da USC, antes de que fosen desaloxados pola Policía, acaba de entrar na Xerencia da USC, na Casa da Balconada situada na rúa Nova.

A súa intención, segundo indicaron, é permanecer no edificio nunha “xornada de portas abertas”. Varias persoas membros da Asemblea están situados no vestíbulo do edificio facendo divulgación sobre as súas demandas hacia a USC. A presenza policial xa se fixo ver esta mañá nas portas do edificio, segundo varias testemuñas da zona.

Entre as demandas que sinalan no manifesto que expoñen na entrada están o posicionamento polo “alto ao fogo inmediato e permanente”, a defensa pública dos “dereitos do pobo palestino”, cortar a relacións coas empresas implicadas no conflito entre Israel e Palestina, entre as que citan varias universidades, ou “reprobar, por principios éticos, toda colaboración académica individual” con estas institucións. Citan ademais empresa como HP, Siemens, Amazon ou o Banco Santander entre as que, segundo eles “violan o dereito ao pobo palestino” e que a USC está a financiar.

Segundo indicaron nun comunicado, o seu obxectivo “segue a ser o mesmo: deter a vergoñenta colaboración da Universidade co xenocidio perpetrado por Israel“. Aseguran que a USC “segue negándose a dialogar” e “ignorando as 16 demandas”.

“A USC négase a permitir a nosa participación plena na comisión, nin acepta a inclusión de persoas palestinas e técnicas alleas á Universidade”, declaran dende a Asemblea, quen tamén aseguran que aceptaron asistir a dúas “reunións simbólicas” e que indican que foron “unha mera formalidade sen intención real de diálogo”.

“Na primeira reunión (venres 14), botóusenos da mesma despois de expoñer as nosas propostas e argumentos sen posibilidade de escoitar unha resposta ou debatir nada. Na segunda, onte mesmo, negóusenos novamente unha resposta ás nosas propostas e a comisión limitouse a informarnos das accións que decidiron unilateralmente e que pouco teñen que ver coas nosas demandas”, denuncian.

ÚLTIMAS

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Outro corte do túnel do Hórreo por falta de policías

O túnel do Hórreo, que dá acceso a Santiago pola SC-20, volverá estar cortado,...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

O PSdeG e a Fundación Luis Tilve homenaxean a Manuel Maroño no cemiterio de Boisaca

O muro dos fusilados do cemiterio de Boisaca acolleu esta mañá un acto de...

Triskel Artesanía visibiliza este mes de decembro o labor da Asociación de Dano Cerebral dentro da campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’ pecha o ano cunha colaboración centrada no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here