HomeMOV. SOCIAIS(VÍDEOS) Os manifestantes por Palestina dubidan da vontade de diálogo da USC...

(VÍDEOS) Os manifestantes por Palestina dubidan da vontade de diálogo da USC e denuncian violencia durante os desaloxos

As forzas de seguridade aseguran que foi "un desaloxo pacífico"

Publicado o

Por Xornal de Compostela

Os manifestantes a favor de Palestina seguen con dúbidas e desconfianza sobre a vontade de diálogo manifestada polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, e denuncian que si houbo “violencia” durante os desaloxos.

A pesar deste operativo, ao longo de toda a mañá continuaron protestando no centro histórico —ante a Casa da Balconada no a Praza do Obradoiro, rodeados de furgóns e axentes— con proclamas que non só se dirixiron contra Israel, senón tamén contra o reitor, ao que tacharon de “sionista, hipócrita e racista”; e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Aínda que a USC sigue tendéndolles a man a dialogar e, para ese efecto, constituíu unha comisión en apoio ás universidades e estudantes palestinos, os manifestantes pregúntanlle: “Se quería falar, que sentido ten que (a Policía) entrase pola noite?”.

Fronte ás palabras do reitor, quen asegurou que os desaloxos tanto en San Xerome como en Xeografía e Historia foron “pacíficos”, María Amigo e Roi Peñabalde, participantes nos peches, relataron aos medios de comunicación episodios de violencia e “incumprimentos de protocolos” por parte dos axentes da Policía Nacional.

Por exemplo, contan que na Facultade de Historia había catro persoas acampadas e que foron ata alí “cinco furgóns”: “Iso non pode ser pacífico de ningunha das formas”. Segundo a súa versión, unha moza sufriu unha “patada nunha costela” e houbo presuntamente “empuxóns”, “humillacións” e “mesmo tocamentos”.

Estes dous portavoces cualificaron de “mentira” esa apertura ao diálogo da USC, porque “hoxe” ían permitir a actividade no Pazo de San Xerome pero foron desaloxados. Ademais, critican que o comunicado do reitor puña como condición para negociar “que desaparecésemos”.

“Hoxe hai caso máis policía que xente manifestándose, é ridículo. Están a tentar reprimir o movemento, pero non o van a conseguir”, aseverou María Amigo.

ACUSAN DE “MENTIRAS” Á USC

Así mesmo, tras a rolda de prensa ofrecida polo reitor da USC na Casa da Balconada, durante a cal un grupo de mozos manifestáronse na porta, dous encapuchados compareceron ante os medios para acusar á universidade de contar “mentiras” sobre os seus peches. “Non rompemos nada, non fomos violentos”, aseguraron.

Tamén cualificaron de “inexistente” a apertura ao diálogo da universidade, porque nos correos electrónicos que remitiron ao reitor para tentar abrir unha negociación foron respondidos “con furgóns da Policía”. Sobre as 16 esixencias que mantén este colectivo, entre elas cortar relacións con toda empresa e entidade que teña negocios con Israel, os representantes aseveraron que “son fixas”, aínda que “se poden matizar cousas”.

Así, consideran que a comisión proposta polo reitor e os manifestos que asinou a universidade condenando os bombardeos na Franxa de Gaza son “insuficientes” e constitúen só “un lavado de face”.

O DESALOXO ÁS SEIS DA MAÑÁ

Ás seis da mañá, a Policía Nacional realizou un desaloxo pacífico no reitorado da USC, onde un grupo de estudantes se encerrara no Pazo de San Xerome, despois de entrar por unha ventá a través da praza do Obradoiro, en protesta pola colaboración da universidade con entidades vinculadas ao conflito en Gaza en Palestina.

O operativo comezou ás 6:00 cando os axentes, sen empregar violencia, accederon ao Pazo de San Xerome para identificar e expulsar aos manifestantes.

Os estudantes, que levaban desde a tarde do luns no edificio, foron desaloxados e continuaron a súa protesta cunha sentada pacífica na praza do Obradoiro. A acción foi en resposta á falta de negociación das súas reivindicacións sobre a complicidade da USC con empresas e institucións que, segundo eles, apoian o xenocidio en Palestina.

Javier Ferreira, xerente da USC, confirmou que se están avaliando posibles danos e que se espera recuperar a normalidade nas actividades do reitorado ao longo da mañá. Os estudantes, pola súa banda, denunciaron un trato brusco por parte dos axentes durante o desaloxo, incluíndo ameazas coa Lei Mordaza.

Este incidente pon de relevo o tenso clima entre a dirección da USC e o sector estudantil que demanda un cambio na política da universidade respecto a súa relación con o conflito israelo-palestino. A situación obrigou aos traballadores do reitorado a abandonar os seus postos esta mañá, xa que un grupo de estudantes se fixera forte no interior, afectando incluso o acceso aos servidores informáticos da universidade.

A comunidade universitaria está pendente de como se resolverán estas tensións e se a dirección da USC tomará medidas para abordar as demandas dos estudantes de forma que se garanta un clima de diálogo e respecte os dereitos de todos os membros da institución.

COMUNICADO DO REITOR Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA

Ás 8 da mañá, a comunidade universitaria da USC recibía un correo electrónico do reitor no seu correo corporativo, no se indicaba que o quipo de reitoría “dialogou co colectivo da Asemblea para tentar reducir comportamentos que son inaceptables nun espazo universitario”. Asimesmo, asegura que o Consello de Goberno acordou a creación da Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina, constituído, segundo indica no comunidado “dende o día de onte”.

ÚLTIMAS

Aitor Bouza ameaza con expedientar ao Grupo Municipal se non se cesa a dous traballadores

A dirección do PSOE compostelán, que encabeza Aitor Bouza, deu cinco días ao portavoz...

A USC pecha o ano 2023 cun superávit de 8,5 millóns e presenta estratexias para afrontar retos futuros

O xerente da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Ferreira, presentou as Contas Anuais...

O Concello de Santiago pechará o parque infantil da Alameda para renovar o pavimento

A partir do día 1 de xullo o Concello de Santiago pechará durante unha...

Aprobado o nomeamento de Genma Otero como nova xerente de Augas de Ames

O Consello de Administración da Empresa Pública Empresarial Local (EPEL) de Ames aprobou, na...

Alerta e críticas polo peche de 182 camas hospitalarias durante o verán en Santiago

Na área sanitaria de Santiago-Barbanza, un total de 112 camas serán bloqueadas nos Hospitais...

Convocada unha protesta da CIG ante a Xunta pola “ausencia de cambios” en Educación

A CIG, principal sindicato do ensino público galega, convocou para este mércores ás 11.00...

Unións Agrarias protesta contra a oferta de leite a 73 céntimos no Lidl de Santiago

Unións Agrarias levou a cabo unha acción protesta nun supermercado Lidl en Santiago, situado...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here