InicioMOV. SOCIAISObxectivo EspazoCoop: crear case 200 postos de traballo asociado ás cooperativas galegas

Obxectivo EspazoCoop: crear case 200 postos de traballo asociado ás cooperativas galegas

proxecto EspazoCoop asesorará a creación de 120 cooperativas ata 2029 para dar traballo a preto de 200 desempregados

Publicado o

Xornal de Compostela

O proxecto EspazoCoop Emprende asesorará a posta en marcha de 120 cooperativas ata 2029, unha vintena por ano, o que suporá que preto de 200 persoas desempregadas poidan atopar traballo.

Este mércores, a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop presentou en Santiago esta iniciativa que recibirá máis de medio millón de euros da UE a través do Fondo Social Europeo Plus no período 2023-2029, a través do organismo Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes) –no marco do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (Efeso)–.

A directora xerente de EspazoCoop, Lucía Mendoza, explicou que o obxectivo que se persegue é o de creación de emprego. Para iso, márcanse metas como a participación de 360 persoas desempregadas durante os anos de vixencia do proxecto (2023-2029), das cales se prevé que 192 consigan traballo tras a súa participación.

Os colectivos destinatarios principais son as persoas desempregadas, sobre todo de longa duración, pero tamén está dirixido a aquelas persoas con emprego por conta propia como allea e os que queiran transformar o seu modelo de negocio.

PROXECTO

Esta iniciativa ten como obxectivo aumentar as competencias emprendedoras e incrementar o número de compañías e iniciativas de autoemprego colectivo creadas baixo fórmulas de economía social, así como sentar as bases para a súa supervivencia a través de servizos de apoio e asesoramento ao emprendimiento. A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases.

Entre outras cuestións, hai itinerarios personalizados e formación tamén para axudar a estabilizar empresas e facer que sexan viables, do mesmo xeito que se apoia na tramitación de axudas ou en materia fiscal.

ÚLTIMAS

Dous botes de laca, orixe dun incendio nunha vivenda compostelá

A explosión de dous botes de laca para o pelo provocaron un pequeno incendio...

A veciñanza de Galeras celebra o San Xoán cun debate sobre o río Sarela e recollida de herbas

A Asociación de Veciños Plataforma de Galeras celebrará o San Xoán o vindeiro luns...

Sumar Galicia aproba o seu protocolo de federación con Sumar estatal

O Movemento Sumar Galicia aprobou este sábado, na súa reunión da Coordinadora Nacional, o...

O Concello executará obras no CEIP Quiroga Palacios e destina 300.000 euros ao mantemento dos centros escolares

A concelleira de Educación de Santiago, Míriam Louzao, presidiu este xoves unha nova sesión...

O Obradoiro acolle un acto en memoria das 66.519 persoas refuxiadas falecidas nos últimos tres anos

A Praza do Obradoiro foi escenario este xoves da conmemoración do Día Mundial das...

Compostela súmase á campaña estatal polo acollemento familiar cun acto simbólico na Alameda

O Parque da Alameda de Santiago de Compostela será o escenario, o vindeiro 17...

Unha manifestación polo crime machista de Moraña colapsa momentaneamente o tráfico na Virxe da Cerca

Unha manifestación feminista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres denunciou esta tarde en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here