InicioMOV. SOCIAIS"A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista", din os...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

Culpan do seu falecemento a un sistema político que, ao seu ver, "ampara e protexe os rentistas e os empresarios" e que "patrocina" as mortes da clase traballadora.

Publicado o

Xornal de Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á “violencia rentista” a morte de Maricarmen Abascal, convertida en símbolo da loita pola vivenda tras o seu desafiuzamento, e cualifican o sucedido de “asasinato”.

“Non imos permitir ningún asasinato máis por parte do rentismo”, advertiu un dos seus portavoces, Iker, que compareceu este xoves ante os medios de comunicación. A noticia coñecérona durante a tarde do día anterior cunha “mestura de rabia e impotencia” que, nas súas palabras, levan sentindo “desde hai anos” e non só desde hai unha semana, cando montaron a acampada.

“Son anos nos que a nosa clase está condenada á miseria e á morte polo lucro duns poucos. E témolo claro: para nós isto acabou”, expuxo. Neste contexto, situou a Maricarmen como “unha vítima máis da violencia rentista”, ao igual que outras “milleiros de persoas” que pasaron por situacións semellantes en España.

Tamén culpou disto un sistema político que, ao seu ver, “ampara e protexe os rentistas e os empresarios” e que “patrocina” as mortes da clase traballadora. “Foron milleiros as persoas asasinadas polo rentismo e seguirano sendo se non cambiamos esta situación”, recalcou. Este portavoz das persoas acampadas chamou a toda aquela que sinta “rabia ou tristura” a organizarse, sumándose ás acampadas, ás organizacións políticas ou aos sindicatos máis próximos: “Loitade e militade contra este mundo de barbarie que se nos presenta“. Precisamente, considera que ese é o “mellor homenaxe” a Maricarmen Abascal, aínda que non descarta que a acampada lle dedique nalgún momento concreto.

UNHA SEMANA DE ACAMPADA

A noticia do falecemento de Maricarmen Abascal coincidiu co feito de que se cumpría unha semana desde o inicio da acampada, que comezou na madrugada do 30 de setembro ao 1 de outubro. Desde ese momento, o asentamento non deixou de medrar día a día. Na actualidade, as persoas responsables cifran en 120 as tendas instaladas nesta emblemática praza.

Iker cre que a “insostibilidade” da crise da vivenda está a provocar que as mobilizacións sexan “masivas” en toda España, tamén en Galicia, e vaticinou que a acampada seguirá medrando en número. “Non imos permitir que haxa outra Maricarmen, nin outra Olga, nin que ninguén volva sufrir violencia rentista”, resolveu.

ÚLTIMAS

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

Transportes licita por máis de 600.000 euros a mellora da conexión entre a SC-20 e a N-550 en Santiago

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable iniciou o procedemento de contratación das obras...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea a Aida Fernández Ríos e distingue cinco investigadores en Santiago

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) reuniu este xoves, 8 de outubro, no...