InicioPOLÍTICAO Sergas nega o "colapso" en Urxencias do CHUS a pesar do...

O Sergas nega o “colapso” en Urxencias do CHUS a pesar do “aumento sostido” da demanda

A dirección de Asistencia Sanitaria cifra en 471 os pacientes diarios atendidos en Santiago durante o pasado ano

Publicado o

Xornal de Compostela

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, recoñeceu que o servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) sufre un “aumento sostido” da demanda, pero rexeitou falar de “colapso“. Así se expresou este xoves ante a Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento, onde remarcou que nos hospitais públicos galegos “hai planificación, resposta e capacidade de adaptación” ante momentos de “especial presión asistencial”.

Silva informou de que no CHUS, en 2025, atendéronse 171.853 urxencias, cunha media diaria de 471 pacientes, na liña dos anos previos. No ano 2024, a media era de 466 e no 2023 de 458, o que, sinalou, “reflicte un incremento moderado e progresivo da actividade“. No caso das urxencias ingresadas, tanto no pasado ano como no 2024, a cifra é de ao redor de 23.100 pacientes e a presión de urxencias mantense estable, na contorna do 59%, tamén en valores similares aos exercicios anteriores.

Todos os datos indican que non hai un problema estrutural, senón un incremento sostido da demanda que é común a todos os sistemas sanitarios, unha demanda ante a que a resposta do Sergas está protocolizada“, aseverou o director xeral. Nesta liña, insistiu en que o sistema sanitario público galego “planifica e programa” actuacións para dar resposta ás “potenciais fluctuacións” na demanda asistencial.

Pola súa banda, o deputado socialista Aitor Bouza retrucou que o “colapso” é algo “tan puntual” que se “repite” todos os meses. Ante este “colapso estrutural” do sistema, Bouza solicitou a dimisión do xerente da área sanitaria de Santiago, dada a súa “incapacidade na xestión”.

ÚLTIMAS

A cuestión de confianza da alcaldesa sae adiante e desbloquea a tramitación dos orzamentos de Santiago

O pleno extraordinario e urxente celebrado na mañá deste xoves aprobou a cuestión de...

O pleno de Santiago aproba a modificación do PXOM do antigo colexio Peleteiro tras anos de bloqueo

O pleno ordinario do Concello de Santiago de Compostela aprobou este xoves a modificación...

A corporación municipal pide por unanimidade retirada dos residuos da canteira de Miramontes e a súa restauración ambiental

A corporación municipal de Santiago de Compostela aprobou este xoves por unanimidade unha declaración...

O pleno aproba unha proposta do PP para regular a colocación de pancartas tras un debate con acusacións cruzadas

O pleno municipal de Santiago de Compostela aprobou esta tarde unha proposición presentada polo...

O pleno aproba unha proposta do PP para regular a colocación de pancartas tras un debate con acusacións cruzadas

O pleno municipal de Santiago de Compostela aprobou esta tarde unha proposición presentada polo...

A ANPA do CEIP Apóstolo Santiago anuncia contactos coas non adscritas para desbloquear o cambio de nome do centro

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Apóstolo Santiago, en...

Arelas convoca unha manifestación en Santiago para reivindicar dereitos trans e denunciar retrocesos legais

A asociación Arelas convocou unha manifestación nacional en Santiago de Compostela para este domingo...