InicioMOV. SOCIAISO PP de Santiago denuncia a vandalización da súa sede con "propaganda...

O PP de Santiago denuncia a vandalización da súa sede con “propaganda independentista”

A formación popular considera os feitos unha vulneración da convivencia democrática e lembra episodios anteriores de ataques ás súas instalacións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago denunciou este martes a vandalización da súa sede local, que amenceu empapelada con propaganda vinculada a grupos que cualifica de “radicais independentistas”. A formación considera o sucedido un acto “intolerable” e contrario ás normas básicas da convivencia democrática.

Dende o grupo municipal popular sinalan que non se trata dun feito illado, lembrando que no mes de novembro, coincidindo coa conmemoración do 25N, a sede xa fora obxecto doutro episodio de vandalización, no que tamén se produciu un escrache. Segundo indican, naquela ocasión varias integrantes da formación sufriron agresións verbais.

En relación con estes feitos, o PP de Santiago cualifica a situación como unha “escalada preocupante de sinalamentos e ataques” e critica a falta de posicionamento público da alcaldesa, Goretti Sanmartín. Segundo trasladan desde a formación, consideran que non houbo unha defensa clara das persoas afectadas por estes episodios.

A organización subliña que a discrepancia política debe expresarse desde o respecto e a palabra, e nunca mediante actos de vandalismo, acoso ou intimidación. Ao seu xuízo, os ataques reiterados ás súas instalacións e ás persoas vinculadas ao partido supoñen unha ameaza para a convivencia democrática na cidade.

Así mesmo, o PP de Santiago lamenta que determinados colectivos recorran a este tipo de prácticas, que —ademais de provocar danos materiais—, segundo sosteñen, contribúen a xerar un clima de tensión e confrontación en Santiago de Compostela.

Asimesmo, a formación popular esixe que se poña fin a estes comportamentos incívicos, reclama que se depuren responsabilidades e reitera o seu compromiso cunha política baseada no diálogo, a liberdade de expresión e o respecto ás regras democráticas, facendo un chamamento á convivencia e ao respecto mutuo.

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras aparta a Luis Míguez da súa candidatura por comentarios “homófobos” de hai 20 anos

A candidata a reitora da USC Rosa Crujeiras anunciou este martes que o catedrático...

Pacientes e traballadores denuncian deficiencias no transporte sanitario do CHUS e reclaman a súa desprivatización

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e o comité de empresa da...

Investigadores da USC denuncian limitacións “ilegais” nas axudas posdoutorais da Xunta

Dous investigadores da Universidade de Santiago de Compostela acusaron á institución de "impor unilateralmente"...

A Xunta reclama axilidade ao Concello para avanzar na vivenda protexida de Compostela

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta, María Martínez Allegue, pediu...

Pacientes e traballadores denuncian deficiencias no transporte sanitario do CHUS e reclaman a súa desprivatización

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e o comité de empresa da...

Miles de persoas maniféstanse en Santiago para denunciar os colapsos da sanidade pública galega

Miles de persoas saíron este domingo ás rúas de Santiago de Compostela para denunciar...

Convocan unha concentración en Santiago contra a caza e os malos tratos animais

Santiago de Compostela será unha das cidades nas que este domingo se desenvolverá unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here