InicioSOCIEDADERosa Crujeiras aparta a Luis Míguez da súa candidatura por comentarios "homófobos"...

Rosa Crujeiras aparta a Luis Míguez da súa candidatura por comentarios “homófobos” de hai 20 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata a reitora da USC Rosa Crujeiras anunciou este martes que o catedrático Luís Míguez xa non formará parte da súa candidatura. Fíxoo a través da súa conta na rede social Instagram, onde subliñou que é ela “quen lidera e quen dirixe este proxecto”.

Como parte dun equipo que quere avanzar cara a unha USC feminista, inclusiva e comprometida. Agora falemos de programas...”, concluíu. Todo iso despois de que o sindicato estudantil Fervenza e estudantes da USC –que crearon unha conta na rede social Instagram para informar o proceso electoral– fixéronse eco do contido dun blogue persoal de Míguez.

Segundo detallou o sindicato, o antigo decano da facultade de Dereito referíase no ano 2006 ao matrimonio homosexual como “un plan” do presidente Zapatero para “afundir a España no ridículo e no descrédito mundial”. A maiores, acusouno de difundir na época do bipartito que en Galicia existía unha “intolerable imposición lingüística“, discursos que “non poden ter cabida nas institucións educativas”, afeou Fervenza.

Pola súa banda, os estudantes referíronse a “un patrón reiterado de discursos excluíntes, con expresións homófobas, contrarias a dereitos fundamentais e incompatibles cos valores da universidade pública”. Con todo, Crujeiras insistiu en que “non o comparte” e asegurou que Míguez xa non formaría parte do seu equipo.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...