InicioMOV. SOCIAISErguer presenta unha campaña contra a privatización e alerta dun “proceso acelerado”...

Erguer presenta unha campaña contra a privatización e alerta dun “proceso acelerado” que afecta ao ensino galego

O sindicato estudantil anuncia dous meses de actos en todo o país e unha mobilización nacional no segundo cuadrimestre

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O sindicato estudantil Erguer Estudantes da Galiza presentou esta mañá unha nova campaña coa que busca mobilizar ao conxunto do alumnado galego fronte ao que consideran un processo crecente de privatización no ensino e noutros servizos básicos. Así o explicou o voceiro da organización, Lucas Pardo, quen definiu esta liña de traballo como a principal preocupación do estudantado “no seu día a día”.

Pardo indicou que a campaña pretende implicar estudantes de todas as cidades e de todos os niveis educativos, incidindo en que, ao seu xuízo, existen problemas comúns que van desde o ensino medio ata a universidade. O voceiro empregou o termo “privatización” para referirse tanto ao apoio á educación privada e concertada como á presenza crecente de empresas en ámbitos formativos, ás carencias nos servizos públicos de apoio ao alumnado ou á redución de recursos básicos.

Estudantes de Erguer na praza de Rodríguez Cadarso, no Campus Universitario – Xornal de Compostela

Entre as cuestións que enumerou, salientou a falta de medios en centros de secundaria, con carencias en atención psicopedagóxica, lecer ou normalización lingüística; o modelo de FP dual, que ao seu ver “introduce ás empresas na formación”; e o crecemento da universidade privada en Galicia, nun contexto no que, segundo afirmou, “as tres universidades públicas galegas continúan infrafinanciadas”. Neste último punto citou a retirada de mestrados, as “condicións insuficientes” dalgúns centros e a expansión de novas iniciativas privadas, como a universidade CESUGA anunciada para o vindeiro curso.

O portavoz tamén fixo referencia a outros servizos que impactan directamente no alumnado, especialmente no caso de Santiago. Exemplificou esta situación coa oferta de aloxamento público universitario, lembrando que en dúas décadas desapareceu arredor de 400 prazas, 200 das cales se reduciron nos dous últimos anos. A xuízo de Erguer, esta tendencia afecta ao acceso ao ensino superior e contribúe a unha “elitización” que limita as posibilidades das estudantes de orixe popular.

Sobre o desenvolvemento da campaña, Pardo avanzou que terá unha duración mínima de dous a tres meses, combinará accións nas redes sociais con actos en diferentes localidades e culminará nunha gran mobilización nacional no segundo cuadrimestre. A organización asegura que o obxectivo é conectar reivindicacións concretas coa análise dun “proceso estrutural” que, consideran, se intensifica ano tras ano. “A organización estudantil é a única que pode dar respostas e solucións”, afirmou Pardo.

Respecto ao posible aumento da oferta privada en titulaciones sanitarias, o voceiro advertiu dunha tendencia na que, ao seu ver, “se retiran recursos da pública mentres se abre capacidade na privada”. Sinalou que existen novos graos de Ciencias da Saúde en universidades privadas que “solapan” coa oferta pública, o que ao seu entender derivará nunha desviación de alumnado, financiamento e persoal docente. “Non é o que precisa este país”, concluíu.

DESCENTRALIZACIÓN DE MEDICINA

Cuestionado sobre o debate actual arredor da descentralización do grao de Medicina da USC, Pardo lembrou que a Xunta de Facultade votou recentemente en contra desta proposta. Indicou que Erguer sitúa como prioridade “a ampliación de prazas e a mellora das condicións do estudantado”, e sostivo que o proceso actual responde máis a “tensións políticas” ca a criterios académicos ou ás necesidades reais do alumnado. “O que vemos é que non se garante unha mellora da oferta nin unha igualdade de condicións entre universidades”, dixo.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here