InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS critica o novo cribado...

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS critica o novo cribado das solicitudes de ecografías en Atención Primaria

O colectivo alerta de que a medida da Xerencia da Área Sanitária “crea un muro de acceso” ás probas e deixa os doentes “sen garantías nin información” sobre o seu proceso diagnóstico

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS fixo público o seu rexeitamento á nova medida adoptada pola Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, que introduce un sistema de cribado das solicitudes de ecografías realizadas dende atención primaria. A entidade considera que esta decisión incrementará as dificultades de acceso ás probas diagnósticas e que non abordará o problema de fondo: a falta de recursos en radioloxía nos hospitais composteláns.

O colectivo lembra que leva “anos reclamando” o reforzo de persoal e medios nos servizos de radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Segundo os últimos datos do Sergas, 11.105 pacientes estaban á espera da primeira ecografía a 30 de xuño de 2025, unha cifra que, segundo a asociación, “triplica a existente en decembro de 2019”. Dese total, 2.287 persoas superaban os 6 meses de demora, ás que se suman as ecografías de revisión e control non incluídas na listaxe oficial.

A asociación manifesta a súa oposición á creación dunha unidade de valoración ecográfica en atención primaria, integrada por profesionais de medicina de familia e encargada de revisar, reclasificar ou anular as solicitudes. O colectivo interpreta esta medida como “unha intromisión na función clínica dos facultativos que prescriben as probas” e advirte de que deixará os pacientes “sen garantía ningunha” sobre o estado do seu proceso diagnóstico en caso de que a petición sexa anulada.

Ademais, a entidade denuncia un “trato discriminatorio por razón de residencia”, xa que esta práctica non se aplica noutras áreas sanitarias. Dende o colectivo entenden que o obxectivo da medida non é reducir realmente as demoras, senón “garantir resultados estatísticos futuros que aparenten unha mellora asistencial”. “En lugar de aumentar o servizo para darnos resposta, bórrannos da lista de espera”, apuntan.

A asociación lembra que detrás das cifras de demora se atopan persoas con problemas de saúde moi diversos —dende patoloxías abdominais, mamarias ou tiroideas ata doenzas cardíacas, musculares ou do aparato reprodutor—. Segundo o colectivo, o atraso na realización das ecografías contribúe ao deterioro físico e ao illamento social dos doentes, que agora temen que as súas solicitudes sexan tratadas como “un dato estatístico desactualizado”.

O comunicado tamén expresa preocupación polo impacto da medida na atención primaria, que cualifican de “primeira liña xa deteriorada” por atrasos nas citas presenciais e dificultades para acceder á atención especializada. A entidade entende que o novo sistema de cribado “socava a confianza” dos usuarios no servizo e introduce un “compoñente xerárquico” ao non contar coa participación dos médicos que prescriben as probas.

Dende a asociación conclúen que a decisión supón “un muro para o acceso ás ecografías”, ademais de incorporar unha “dose de deshumanización”, ao non garantir a información nin a continuidade asistencial das persoas afectadas.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here