InicioMOV. SOCIAISO Obradoiro CAB apadriña a primeira promoción do programa contra o acoso...

O Obradoiro CAB apadriña a primeira promoción do programa contra o acoso escolar do colexio ‘Peleteiro’

O club compostelán comprométese cos valores de respecto, solidariedade e empatía do proxecto TEI, que promove a convivencia a través da titoría entre iguais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Colexio M. Peleteiro de Santiago deu este mércores un paso máis na súa aposta pola convivencia escolar coa posta en marcha do programa ‘Titoría Entre Iguais’ (TEI), unha iniciativa orientada á prevención da violencia e do acoso nas aulas. O proxecto baséase na titorización emocional entre estudantes de diferentes idades, de maneira que o alumnado maior acompaña e guía aos compañeiros de cursos inferiores para favorecer un clima de respecto e cooperación.

Nesta primeira edición, os nenos e nenas de 5 anos exercen como “amigos maiores” dos de 3 anos, mentres que o alumnado de 5º de Primaria titoriza ao de 3º, e o de 3º da ESO aos de 1º de Secundaria. O obxectivo é que cada estudante se sinta protagonista na construción dun espazo seguro e libre de violencia.

O programa contempla varios actos institucionais ao longo do curso, e o primeiro deles celebrouse esta mañá no Multiusos Fontes do Sar, cun acto simbólico de apadriñamento. Os xogadores do Obradoiro CAB foron elixidos como Padrinos de Honor da primeira promoción TEI, por representar, dentro e fóra da cancha, valores como o traballo en equipo, o esforzo e a solidariedade.

Durante a cerimonia, á que asistiron máis de 200 estudantes de 5º de Primaria e 3º de ESO, unha alumna de 2º de Bacharelato deu lectura á carta enviada ao club: “Os valores do deporte que demostrádes —o respecto ao rival, o traballo en equipo e o non renderse nunca— son a lección máis importante que nos dades (…). Por iso, e porque sodes un exemplo brutal de valores, pedímosvos algo moi especial: ¿aceptades ser os nosos Padrinos de Honor da primeira promoción TEI do Colexio Peleteiro?”.

A resposta do equipo compostelán non se fixo agardar. En nome do vestiario, o capitán Sergi Quintela sinalou que “no vestiario non hai títulos nin puntos que nos fagan sentir tan orgullosos como ser o voso espello de valores”. O xogador insistiu ademais en que “o acoso escolar e a violencia non son un xogo”, e reclamou “tolerancia cero ante calquera forma de bullying”.

“Pedímosvos que, como titores e líderes, asumades este rol con responsabilidade. Non se trata só de ser un ombro onde apoiarse, senón de intervir, denunciar e protexer”, engadiu. Quintela animou tamén ao alumnado a practicar a empatía: “Poñédevos na pel do outro; só entendendo o medo ou a soidade dun compañeiro poderedes defendelo e apoialo de forma efectiva”.

O acto rematou coa entrega dunha placa conmemorativa ao Obradoiro CAB e coa entrega dos diplomas de nomeamento como titores aos estudantes participantes. Deste xeito, o Colexio Peleteiro iniciou oficialmente un programa que combina educación emocional, compromiso social e espírito deportivo baixo o lema “Aquí estou para ti”, en sintonía co “Todos xuntos” do club compostelán.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

Multitudinario minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

Esta mañá ás 12:00, o Concello de Santiago convocou un minuto de silencio na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here