InicioMOV. SOCIAISO Concello e a AECC lanzan unha nova edición das 'Rutas Saudables'...

O Concello e a AECC lanzan unha nova edición das ‘Rutas Saudables’ para fomentar a actividade física en Santiago

As camiñadas, que se celebrarán cada quince días a partir do 14 de outubro, percorrerán espazos naturais da cidade e están abertas a maiores de 16 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) presentaron este martes unha nova edición do programa ‘Rutas Saudables 2025-2026’, unha iniciativa que busca promover hábitos de vida activa entre a veciñanza e combater o sedentarismo, un dos principais factores de risco para a saúde segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).

A concelleira María Rozas, acompañada de Nerea Arceo, integrante da xunta local da AECC, e da psicóloga Patricia Baños, destacou que o proxecto “combina actividade física, benestar emocional e convivencia comunitaria”, permitindo “tecer lazos entre persoas doentes de cancro, as súas familias e amizades”. Rozas lembrou tamén que “o exercicio físico é clave non só na prevención do cancro, senón tamén durante o tratamento e a recuperación dos pacientes”.

As rutas, abertas a todas as persoas maiores de 16 anos, terán lugar cada quince días os martes ás 11:00, e estarán guiadas por voluntariado da asociación, que ofrecerá acompañamento e orientación aos participantes. Os percorridos inclúen espazos emblemáticos como o Parque Eugenio Granell, o Parque de Belvís, a Carballeira de San Lourenzo ou a zona de San Lázaro, entre outros.

A primeira camiñada será o martes 14 de outubro, e terá unha duración aproximada de entre 60 e 90 minutos. A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa por motivos de organización e para realizar unha avaliación de saúde inicial e final que permita comprobar a mellora dos participantes.

Nerea Arceo subliñou que o programa forma parte do Plan 2 Millóns, impulsado pola AECC e o Clúster do Deporte Galego, que ten como meta incrementar os niveis de actividade física de dous millóns de galegos e galegas. A entidade traballa, segundo explicou, nun triplo compromiso: “previr o cancro mediante hábitos saudables, acompañar pacientes e familiares durante a enfermidade e apoiar a investigación oncolóxica”.

Pola súa parte, Patricia Baños incidiu en que estas camiñadas “pretenden ser un punto de encontro para quen queira iniciarse na actividade física, pero non sabe por onde empezar”, ofrecendo un espazo seguro, guiado e socialmente enriquecedor.

As persoas interesadas poden inscribirse na sede da AECC en Santiago, situada na Avenida de Barcelona, número 29 (Santa Marta), chamando ao teléfono 981 576 479 ou escribindo ao correo santiago.compostela@contraelcancer.es.

Rozas concluíu agradecendo o labor da asociación, que cualificou de “imprescindible” para acompañar a pacientes e familias, promover a prevención e “manter viva a esperanza grazas á investigación”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

Multitudinario minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

Esta mañá ás 12:00, o Concello de Santiago convocou un minuto de silencio na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here