InicioMOV. SOCIAISSanmartín apela a unha "xustiza con ollos abertos" no congreso de Mulleres...

Sanmartín apela a unha “xustiza con ollos abertos” no congreso de Mulleres Xuízas en Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, interveu esta mañá na apertura do congreso anual de Mulleres Xuízas de España, que se celebra na capital galega baixo o lema ‘Mulleres e democracia’. No seu discurso, a rexedora destacou que a cidade compostelá é “o mellor lugar” para acoller este encontro pola tradición de mobilización feminista e de defensa dos dereitos civís.

Sanmartín fixo referencia á figura de Rosalía de Castro, á que definiu como “muller rebelde e transgresora”, lembrando o poema ‘A xustiza pola man’, e tamén á escritora Begoña Caamaño, que será homenaxeada o próximo ano polo Día das Letras Galegas. A alcaldesa subliñou que estas autoras ofrecen exemplos de creación literaria capaz de “dar a volta ás imaxes que nos transmitiron” sobre o papel das mulleres.

A alcaldesa centrou parte da súa intervención na simbología da xustiza. Criticou a representación clásica da muller coa venda nos ollos e afirmou que “esa venda non nos serve, non nos protexe, hai que cambiala, hai que eliminala”. Neste sentido, defendeu que a imparcialidade debe acompañarse de contexto, escoita, empatía e responsabilidade histórica: “Como imos mirar a violencia se temos os ollos tapados?”.

Sanmartín sostivo que o feminismo é “a ferramenta única para defender a democracia” e engadiu que “sen feminismo non hai democracia”. Ao dirixirse ás participantes, animounas a “unirse, acadar consensos e traballar por unha xustiza sen vendas, con ollos abertos e corazón firme”.

O encontro, organizado pola Asociación de Mulleres Xuízas de España, reúne en Compostela a profesionais do ámbito xudicial e representantes institucionais para reflexionar sobre igualdade, dereitos humanos e democracia desde unha perspectiva de xénero.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here