InicioMOV. SOCIAISO Concello de Santiago garda un minuto de silencio por unha nova...

O Concello de Santiago garda un minuto de silencio por unha nova vítima de violencia machista

A Corporación municipal mantén o compromiso de visibilizar cada asasinato por violencia de xénero, tras a moción aprobada en 2015

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela celebrou este mércores un acto no que membros da Corporación e persoal municipal gardaron un minuto de silencio en memoria dunha muller asasinada por violencia machista.

Con este xesto, deuse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno do 7 de setembro de 2015, que establece a realización de accións de dó e solidariedade por cada novo feminicidio.

Desde o goberno local e o conxunto da Corporación subliñouse que a violencia de xénero representa a forma máis extrema da desigualdade estrutural que sofren as mulleres, e que estes crimes responden ao uso da violencia como mecanismo de control e dominación.

O executivo municipal expresou a súa condena firme contra a violencia machista e trasladou a súa solidariedade ás familias das vítimas, reiterando o compromiso de Santiago na loita contra esta lacra social.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here