InicioMOV. SOCIAISA plataforma 'Por un Monte Galego con Futuro' convoca unha manifestación en...

A plataforma ‘Por un Monte Galego con Futuro’ convoca unha manifestación en Santiago o 14 de setembro

A mobilización partirá ás 12:00 da Alameda para reclamar medidas contra os incendios e un plan de choque con axudas urxentes ás zonas afectadas

Publicado o

Xornal de Compostela

A plataforma ‘Por un Monte Galego con Futuro’ anunciou a convocatoria dunha gran manifestación en Santiago o próximo 14 de setembro, cunha marcha que sairá ás 12:00 da Alameda compostelá. O obxectivo é reclamar á Xunta a posta en marcha de medidas que impidan unha nova vaga de incendios e un plan de choque con axudas inmediatas para os territorios e veciños afectados polos lumes.

A mobilización chega tras as máis de 30 concentracións simultáneas celebradas o pasado 21 de agosto en diferentes localidades galegas, que reuniron a milleiros de persoas. A plataforma considera que é o momento de dar un paso máis e levar a protesta á capital de Galicia para visibilizar a magnitude da demanda social.

‘Por un Monte Galego con Futuro’ está integrada por medio centenar de asociacións, colectivos e organizacións. Nacida en 2018, a súa traxectoria estivo marcada pola defensa do bosque autóctono, a presentación de iniciativas lexislativas populares para a racionalización da xestión forestal e a oposición á política forestal do Goberno galego.

Segundo explican desde a organización, a situación xerada polos incendios deste verán evidencia a necesidade de adoptar medidas estruturais e urxentes que garantan a protección do monte e a seguridade das poboacións rurais.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...

Chafarís e Down Compostela protagonizan en marzo a campaña municipal ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

O Concello de Santiago presentou este mércores as actividades correspondentes ao mes de marzo...