InicioMOV. SOCIAISUn grupo de viaxeiros denuncia quedar "tirados" na estación de tren de...

Un grupo de viaxeiros denuncia quedar “tirados” na estación de tren de Santiago

O incidente ocorreu minutos antes da saída do tren dirección á Coruña, cando as portas se pecharon aínda habendo pasaxeiros no andén

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de cinco viaxeiros quedou “tirado” este pasado martes na estación de Santiago de Compostela, incapaces de acceder ao tren que os ía trasladar até A Coruña. Segundo a súa versión, chegados á plataforma número 4, onde o tren procedente de Vigo-Urzáiz xa estaba preparado para saír ás 18:28, atopárono con portas aínda abertas.

Un dos afectados explicou que, malia que aínda non era a hora de saída e estaban descendo polas escaleiras cara á plataforma, as portas do tren pecháronse uns minutos antes do previsto, impedíndolles subir aínda que tentaron acceder presionando os botóns de apertura.

Os viaxeiros, desesperados, tentaron varias portas e chamaron a atención dende as xanelas esperando que algún pasaxeiro dentro do tren avisase ao interventor, sen éxito. “Corremos pola plataforma tentando diferentes portas, pero foi inútil”, comentou unha das persoas afectadas.

Un dos viaxeiros manifestou a súa indignación, destacando a frustración de ver o tren parado na estación e non poder embarcar. “É alucinante que estabamos alí, en hora, e non nos deixaron subir. Non entendo por que ocorreu isto”, declarou enfadado un dos afectados.

As persoas afectadas, das que dúas tiñan con bonos de viaxes gratuítos, anunciaron que presentarán unha reclamación. Explican que agora están rexistrados nun tren ao que non puideron acceder e temen unha posible sanción se o interventor revisa e non os atopa a bordo. Ademais, atopáronse incapaces de reservar asento no seguinte tren a través da aplicación, xa que esta indicaba que estaban a cometer un uso fraudulento. “É incrible, realmente”, lamentou unha das viaxeiras.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

O PSdeG e a Fundación Luis Tilve homenaxean a Manuel Maroño no cemiterio de Boisaca

O muro dos fusilados do cemiterio de Boisaca acolleu esta mañá un acto de...

Triskel Artesanía visibiliza este mes de decembro o labor da Asociación de Dano Cerebral dentro da campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal ‘12 Comercios, 12 Sensibilidades’ pecha o ano cunha colaboración centrada no...