InicioMOV. SOCIAISAlcer organiza unha nova edición de '7 Vidas' para sensibilizar sobre a...

Alcer organiza unha nova edición de ‘7 Vidas’ para sensibilizar sobre a doazón e a saúde renal

A campaña inclúe mesas informativas e actividades nas rúas e centros educativos para promover a doazón de órganos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer) continúa un ano máis coa súa campaña ‘7 Vidas’, que busca sensibilizar á cidadanía sobre a doazón e o transplante de órganos, así como promover hábitos de saúde renal. A campaña, que inclúe varias accións informativas e educativas, estará presente na cidade de Santiago durante as próximas semanas con diferentes mesas informativas e actividades en lugares clave.

O próximo domingo 28 de maio, durante o partido entre a SD Compostela e o Real Valladolid Promesas, Alcer instalará unha mesa informativa no estadio Verónica Boquete de San Lázaro, onde repartirá máis de mil dípticos informativos entre os asistentes ao encontro deportivo, que dará comezo ás 12:00 horas. Esta acción forma parte da estratexia de sensibilización da asociación, que tamén terá outro dos seus momentos centrais o 4 de xuño, coincidindo co Día da Doazón de Órganos. Nesa data, Alcer instalará unha mesa informativa na Praza do Toural, onde tamén se distribuirán máis de mil dípticos. A campaña tamén se difundirá a través das redes sociais, ampliando o alcance de mensaxes clave sobre a importancia da doazón.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, destacou que o obxectivo da campaña é fomentar entre a veciñanza de Santiago a doazón de órganos como “un dos actos máis solidarios e altruístas que poden exercer as persoas”. Pola súa banda, o coordinador de Alcer, Alfredo Saborido, agradeceu o apoio do Concello de Santiago e das entidades que colaboran co programa ao longo do ano. Saborido destacou que “cada un de nós podemos salvar sete proxectos vitais doando os nosos órganos tras a nosa morte, e mesmo podemos ser doantes en vida de órganos como o ril”. A asociación tamén quere concienciar sobre as necesidades dos pacientes con enfermidade renal crónica, un problema que afecta a máis de 300 persoas na área sanitaria de Santiago, que precisan de tratamento de diálise para poder vivir.

As actividades de sensibilización que Alcer desenvolve tamén inclúen charlas en espazos educativos da cidade, co fin de fomentar entre a xuventude a importancia de adoptar hábitos saudables para coidar os riles e coñecer as implicacións da doazón. Segundo a concelleira Rozas, accións como estas son “fundamentais” para manter o liderado de Galicia en taxas de doantes de órganos, que no pasado ano acadaron a cifra histórica de 50,7 doantes por millón de habitantes, a maior desde que hai rexistros.

ÚLTIMAS

Santiago asfalta preto de 10.000 metros cadrados de vías urbanas e rurais nas últimas semanas

O Concello de Santiago levou a cabo nas últimas semanas diversas actuacións de mellora...

O Son do Camiño esgota todos os abonos para a súa edición de xuño en Santiago

O festival O Son do Camiño volveu esgotar todos os seus abonos para a edición...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello...

O PSOE denuncia o “deixamento” do Goberno local co patrimonio escultórico de Santiago e pide actuar no conxunto de Leopoldo Nóvoa en Bonaval

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago Marta Abal denunciou o que cualificou...

O Teatro Principal acolle a entrega dos premios ‘Mulleres de Compostela 2026’ no marco das actividades do 8M

O Teatro Principal de Santiago acolleu este luns 9 de marzo o acto de...

Medio cento de estudantes maniféstanse en Santiago para reivindicar a igualdade de xénero no marco do 8M

Preto de medio cento de estudantes participaron este venres nunha mobilización polas rúas do...

Galiza por Palestina pide ás candidatas á Reitoría da USC compromisos claros sobre a relación con institucións israelís

A organización Galiza por Palestina fixo público un chamamento ás candidatas que concorren á...