InicioMOV. SOCIAISEncarna Otero: "Compostela non existiría sen as mulleres que dinamizaron a súa...

Encarna Otero: “Compostela non existiría sen as mulleres que dinamizaron a súa vida económica e cultural”

A historiadora Encarna Otero leva anos investigando sobre as mulleres que viviron e pasaron por Compostela e que sen elas a cidade non tería sido o que agora é

Publicado o

Xornal de Compostela

Encarna Otero Cepeda, historiadora, escritora e referente do feminismo en Galicia, é unha das testemuñas máis importantes na historia contemporánea de Santiago. Destacou polo seu activismo polos dereitos das mulleres, o seu labor político como Tenente de Alcade de Santiago e Directora Xeral na Xunta, e a súa continua dedicación a proxectos culturais e sociais. Actualmente, comparte as súas investigacións sobre mulleres anónimas en Radio Ateneo Podcast.

Sempre nos acompañaches a pasear por Compostela coas súas mulleres. Como xorde a iniciativa destes paseos e que objetivo persegue?

Estas iniciativas venme de sempre. A historia é a miña profesión, pero a historia das mulleres é un gran descubrimento. E a medida que as vou descubrindo e vou coñecendo me parece que é de obligado cumplimento que elas estén presentes na historia e, como non, na historia máis próxima que a historia de Compostela. Entón, eu sempre traballei con elas, traballei no Álbum de mulleres, traballei nas miñas aulas de Historia, traballei nos materiais didáticos que eu impartía nas miñas aulas co meu alumnado, mais, desde que estou xubilada pódome dedicar á investigación con máis tempo.

Atopar ás mulleres e descubrir as súas vidas ás veces leva moito tempo. Non están nos documentos oficiais. Entón sábelo polo que che contan as familias, polo que ti sabes da túa cidade… Tamén tiven moita sorte de que unha editorial me propuxese un proxecto, un libro ilustrado cun plano, uns vídeos e unha unidades didácticas.

A partir de aí, eu coloco a estas mulleres por Santiago, onde eu considero que están. Polo seu traballo, pola súa vida, por múltiples razóns… En distintos espazos da cidade.

E de aí sae este proxecto, que logo ademais nos permite visitar a cidade, aínda que non sexa comigo, senón con elas, que son as protagonistas.
Se estas mulleres están na cidade, temos que velas. E para velas, hai que contalas. Porque senón non están.
Ti realmente falas entón sobre esas mulleres que realmente son as que están esquecidas nos libros de historia.
Efectivamente. E esquecidas tamén nos relatos oficiais moitísimas veces.
E que figuras nos destacarías dentro de Compostela?
Son moitísimas, e todas son importantes. Todas, todas. Primeiro hai as históricas: Rosalía de Castro, que pisou tanto este territorio; Ruth Matilda Anderson, que este ano fai cen anos que veu a fotografar a cidade…
Pero esas son as máis coñecidas…
Claro. Pero se collemos, por exemplo, o comercio, e logo despois a cociña… Empezamos polo comercio: a cantidade de comercio de proximidade que perdimos en Santiago e que eran mulleres as que o tiñan… Non só as que abrían estes comercios, senón as que os mantiñan. Dende mercerías, ata colchonerías, mobles de bimbio, roupa… Todo o que te poidas imaxinar.
Estou falando de nomes como Aurora Pereira Aurichu, as irmáns Artime… Todas esas mulleres tiñan unha actividade económica fundamental que dinamizaba a cidade e que tiña que ver coas necesidades da cidade. Non coas necesidades dos que veñen de fóra como agora está ocorrendo.
En segundo lugar, todo o mundo da cociña e da alimentación, pois houbo moitísimas mulleres que mantiveron casas de comidas. Por exemplo, pódoche mencionar dunha muller que empezou en Conxo e logo acabou en Santiago, que é Josefina Vilas, pero hai tantas outras… A señora, a señora Lola do Beadense… Podería mencionar cantidade delas que non só nos alimentaban, senón que ademais mantiñan un xeito de alimentación de proximidade utilizando a Praza de Abastos, ou recursos que as propias terras de Compostela fornecían.
Logo están todas as profesionales, mulleres que foron profesoras de universidade, que foron bibliotecarias, que deron aulas aquí, na Escola de Artes e Oficios, na Real Sociedade Económica de Amigos do País… Pintoras, músicas, pianistas, como Rosita López Comunión… Tantas e tantas. Ou Luz Fandiño, un exemplo do sufrimento e a dor da emigración. Unha muller que foi capaz de facer poesía toda a súa vida, porque era un recurso que tiña, aínda que ela dicía sempre que non estudiara moito, pero que a poesía lle saía.
Todas as causas onde a humanidade proclamaba a xustiza eran súas, facíanas súas. Mulleres que defenderon os dereitos da muller, mulleres que apoiaron proxectos como a librería Numax… Como Lola, a psiquiatra, que denunciou varias veces que todo o mundo sanitario tiña unha fenda a respecto da desigualdade de homes e mulleres…
Pili Pereira, unha actriz e unha directora de teatro que pecorreu o mundo e que logo acabou traballando e facendo teatro en Santiago de Compostela; mulleres da radio, como Isabelita Carou, ou outras moitas que transmitiron a súa voz e nos descubriron e ensinaron esta cidade.
Que esas mulleres non estan con nós todos os días non quere dicir que non estean aí. Os que visiten a nosa cidade deben coñecelas e saber que sen elas Compostela non existiría.
Despois de tantos anos traballando con mulleres e na recuperación desta memoria de todas elas, ti como valoras a evolución que se está facendo do recoñecemento das mulleres nos últimos anos. Que crees que queda por facer?
Eu sempre digo que o tempo pasado foi pasado, punto. E que andivemos moitísimos pasos mediante a loita e o movemento feminista. Conseguiuse que as mulleres estean onde deben estar.
E o que pasa é que é unha loita que non se acaba nunca, porque evidentemente hai periodos de involución. Eu son historiadora e sei moi ben que hai periodos de involución. Aquelas mulleres republicanas do 31 ao 36 que conquistaron o dereito de voto, o dereito de divorcio, a estar en todos os lugares, acabaron asasinadas, na prisión, torturadas, exiladas… As involucións existen. E neste momento tamén. E eu creo que parte das reaccións involucionistas de extrema dereita é porque as mulleres estamos avanzando no camiño da conquista da liberdades.
E eu sempre lle digo aos homes: “Mirade, todo aquilo que fas mulleres fan na conquista dos seus dereitos é bo para a sociedade. Por tanto, tamén é bo para vós. Poñédevos á nosa beira. Porque imos construír un mundo mellor.
Entón cres que está habendo agora unha involución?
Non o creo eu. Por desgraza, a realidade nolo demostra día a día. E efectivamente, a historia sempre tivo periodos así. Iso non quere dicir que nós as mulleres deteñamos a nosa marcha e non sigamos o noso camiño. Porque esta marcha mundial é mundial, está en todos os lugares, baixo formas diferentes, porque cada territorio, cada continente, cada país, ten a súa maneira de abordar a conquista de dereitos e de consolidación de dereitos das mulleres en cada sitio diferente.

Pero non cabe dúbida que neste momento é un barro universal e unánime.

As mulleres somos todas distintas, pero temos moi claro que o feminismo nos une. Os feminismos, porque son diversos e plurales, únennos na conquista de dereitos e no camiño da igualdade.
O outro día aínda escoitaba que a fenda salarial, por exemplo, neste momento, está nun 18,9%. E escoitei a Lucía Freitas dicir que o que observa é que cando as mulleres conquistan algo, repárteno. Cando as mulleres teñen diñeiro e conquistan riqueza, montan fundacións. Teñen ese afán de repartir para facer que a humanidade mellore.
Ademais de ser historiadora, tamén tes unha ampla traxectoria como activista política. Que pensas ti de toda a polarización que está a vivir o feminismo nestes momentos?
O feminismo vai máis aló de todas as opcións políticas. O feminismo é un mar que asulaga todo e que entra por todos os lados. Evidentemente, eu que vivín bastante tamén, sei que sempre se tratou de utilizar esa confrontación política para dividir ás mulleres. Ás veces dá resultado, pero o resultado que dá é sempre moi temporal.
E isto pretendese dende fóra do feminismo para que haxa esa polaridade, non?
Máis que nada se pretende. Porque é un divide e vencerás. Pero nós as mulleres somos suficientemente intelixentes para saber abrir camiños novos e, cando chega a auga, poñer sacos de area para que a auga se desvíe por outro lado.

ÚLTIMAS

O Concello acusa á Xunta de avisarlles “sen apenas tempo” dos seus actos institucionais

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, acusou á Xunta de, con "bastante frecuencia", avisar "sen...

Ferida de consideración unha muller de 75 anos atropelada por un coche nun paso de peóns do Restollal

Unha muller de 75 anos de idade resultou ferida de consideración ao ser atropelada...

Golpeou e ameazou ós traballadores antes de provocar o incendio, agora a xuízo

Un home será xulgado o 3 de abril en Santiago de Compostela acusado de...

Máis pisos en aluguer, pero máis caros

A nova regulación sobre pisos turísticos en Santiago de Compostela provocou un aumento da...

Homoxeneizar o cadro de persoal, a solución para desconvocar a folga do bus en Santiago

Os traballadores do transporte urbano de Santiago agrupados na Unión Temporal de Empresas (UTE)...

Down Compostela entrega os seus premios anuais na súa duodécima gala

A asociación Down Compostela celebrou hoxe en Santiago a súa duodécima gala de entrega...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here