InicioSANTIAGOAMESPais e profesorado manifestaranse este luns á mañá no IES do Milladoiro

Pais e profesorado manifestaranse este luns á mañá no IES do Milladoiro

A comunidade escolar reclama unha solución urxente fronte ao que eles describen como un "clima contrario á convivencia"

Publicado o

Xornal de Compostela

O contexto educativo do IES do Milladoiro está a ser marcado por unha serie de conflitos que afectan tanto ao profesorado como ao alumnado. Profesores, sindicatos e familias convocaron unha concentración para o luns ás portas do instituto, co fin de visibilizar e denunciar unha situación que describen como un “clima contrario á convivencia” e que, segundo manifestan, “prexudica a toda a comunidade educativa, pero, fundamentalmente, ao alumnado”.

A comunidade escolar do centro, que conta con máis de 550 estudantes entre os 12 e 18 anos, pede medidas que permitan “recuperar o normal desenvolvemento da actividade educativa” e garantir un ambiente de traballo “digno” para o persoal docente e non docente, así como o dereito a unha educación “inclusiva, libre e en paz” para todo o estudantado. Segundo algunhas fontes, os problemas de convivencia son especialmente agudos nas aulas de segundo curso de ESO, pero esténdense tamén a outras clases da secundaria, afectando negativamente ao desenvolvemento das sesións educativas.

ÚLTIMAS

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

Santiago iniciará en xaneiro a reurbanización da rúa de Mallou cun investimento de 1,3 millóns de euros

O Concello de Santiago prevé iniciar a mediados de xaneiro de 2027 as obras...

Borja Verea acusa o Goberno de Santiago de ser “cómplice” dos incidentes durante a folga xeral

O presidente do Partido Popular de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, criticou...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

Miles de persoas fan soar as chaves en Compostela para reclamar unha vivenda digna na folga xeral do 11N

Miles de persoas percorreron este mércores as rúas de Santiago facendo soar as súas...

A folga xeral deixa unha imaxe insólita en Santiago: o Franco e a praza de abastos, con numerosos negocios pechados

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou estampas pouco habituais no centro...

CC.OO. denuncia cargas policiais “desproporcionadas” no polígono de Costa Vella durante a folga xeral

A folga xeral convocada este 11N en Galicia deixou as súas primeiras consecuencias na...