InicioMOV. SOCIAISGrave colapso nas urxencias do CHUS volve poñer en cuestión a atención...

Grave colapso nas urxencias do CHUS volve poñer en cuestión a atención sanitaria en Compostela

Pacientes denuncian esperas prolongadas en condicións precarias e vulneración dos tempos de triaxe

Publicado o

Xornal de Compostela

O servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) volveu sufrir un grave colapso na tarde do 26 de febreiro, segundo denunciaron pacientes e familiares. Ás 17:50 horas, 21 pacientes graves atopábanse nos corredores de acceso en cadeiras de rodas e padiolas, á espera de atención. Ademais, 34 persoas estaban pendentes de ingreso, malia que 17 delas xa tiñan cama asignada en planta.

Entre os casos denunciados está o de M.C., paciente de cardioloxía e oncolóxica en remisión, quen relatou que sufriu unha síncope cardiogénica seguida de convulsións, dor cervical e cefalea. Segundo explica, tras ser atendida no domicilio pola ambulancia, trasladárona a urxencias, onde foi clasificada con prioridade amarela. A pesar de que debería ser atendida nun prazo máximo de 60 minutos, tivo que agardar máis de cinco horas nun corredor, en condicións que describe como “intolerables”. Finalmente, foi trasladada a un cubículo ás 17:30 horas, onde lle repetiron probas xa realizadas previamente no domicilio. Non recibiu a alta ata a 1 da madrugada.

DATOS OFICIAIS E RESPOSTA INSTITUCIONAL

Segundo os datos publicados na páxina web do CHUS a través do enlace “pulso do CHUS”, nas últimas 24 horas foron atendidas 412 persoas, unha cifra considerada de demanda baixa en comparación con outros episodios recentes de colapso, como o do 12 de febreiro, cando se atenderon 539 pacientes. Ademais, o hospital contaba con 594 camas dispoñibles, co que a xerencia non xustifica a situación de saturación vivida.

A asociación de pacientes do CHUS denuncia que a falta de persoal sanitario especializado está a impedir unha atención en condicións dignas. Segundo explican, a indispoñibilidade de persoal facultativo e de enfermería provoca que moitas camas permanezan pechadas, facendo que os pacientes agarden en urxencias durante horas antes de ser trasladados ás plantas correspondentes.

INCUMPRIMENTO DOS TEMPOS DE TRIAXE

A denuncia dos pacientes tamén pon en dúbida as declaracións do coordinador do servizo, que asegura que os tempos de triaxe se cumpren. No caso de M.C., a súa clasificación amarela indicaba unha prioridade III, que implica unha atención nun prazo máximo de 60 minutos debido ao potencial risco vital. A espera de máis de catro horas contradí os protocolos asistenciais e podería supor unha vulneración dos dereitos dos pacientes.

As asociacións sanitarias insisten en que a atención urxente debe realizarse nos tempos clínicos establecidos, xa que calquera demora prolongada supón un dano moral e físico que pode estar sancionado tanto polo ordenamento xurídico como polo código ético da organización médica colexial.

ÚLTIMAS

A illa de compostaxe do CIFP de Compostela culmina con éxito a súa primeira fase de funcionamento

A illa de compostaxe do Centro Integrado de Formación Profesional de Compostela xa tratou...

O CSIC crea un laboratorio pioneiro en Santiago para estudar a relación ancestral entre humanos e plantas

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) avanza no seu proxecto 'PLANTCRAFT', que busca...

O persoal da limpeza do CHUS mobilízase contra Ilunion por vulnerar o contrato público

Decenas de traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Clínico e Gil Casares de...

O empresario detido en Santiago está vinculado a unha rede de fraude na venda de bebidas alcohólicas

O empresario que foi detido pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil o...

Galiza Nova protestará este vindeiro luns contra a Medalla de Ouro de Galicia da Xunta á princesa Leonor

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, protestará este luns, 14 de xullo, en Santiago...

Sumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a crise de vivenda

A chegada de xullo marcou, un ano máis, o inicio dunha das etapas máis...

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here