InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes do CHUS organiza unha charla sobre as listas...

A Asociación de Pacientes do CHUS organiza unha charla sobre as listas de espera

A xornada abordará a asistencia demorada e as limitacións na transparencia dos datos do Sergas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS celebrará o próximo mércores unha xornada pública de debate titulada ‘As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada’. O encontro terá lugar na Biblioteca Pública Ánxel Casal ás 19:00 horas, e contará coa participación de varios relatores vinculados á asociación, todos eles pacientes e usuarios do sistema sanitario público.

A xornada estará moderada por Fernando Abraldes, economista e presidente da asociación, que estará acompañado por Carme Pazos, profesora de lingua galega; Xaime López, técnico da Administración Xeral, e Aida Castro, fisioterapeuta. Os ponentes analizarán as problemáticas relacionadas coas listas de espera no Servizo Galego de Saúde e denunciarán a falta de transparencia nos datos facilitados de forma oficial.

Segundo a Asociación de Pacientes, as listas de espera constitúen un instrumento esencial para regular a demanda de atención especializada e garantir os principios de equidade e rendición de contas. Non obstante, denuncian que os datos publicados polo Sergas son “parciais e incompletos“, xa que se basean en medias de días de espera, un indicador que consideran pouco representativo da realidade vivida polos pacientes.

Así pois, o colectivo denuncia datos insuficientes, xa que aseguran que non se ofrece información completa sobre os tempos de espera agrupados por número de días, ademais de omisións, non incluíndo as segundas e posteriores consultas nin os pacientes que rexeitan atención en centros privados concertados.

Demandan ademais axendas dinámicas, xa que desde 2023, a implantación deste sistema xera inseguridade xurídica, xa que “as axendas aparecen pechadas e os pacientes descoñecen cando serán atendidos”, indican dende a Asociación.

Durante o debate, abordarase o marco legal que regula os tempos máximos de espera e a opacidade que, segundo os organizadores, rodea esta cuestión. Ademais, poranse de manifesto casos concretos de vulneracións dos dereitos recoñecidos aos pacientes, evidenciando os efectos desta situación na atención sanitaria.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

Multitudinario minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario en Adamuz

Esta mañá ás 12:00, o Concello de Santiago convocou un minuto de silencio na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here